De María Goiricelaya
Para público en xeral
09/05/2026
20.30 h
*Unha vez que comece o espectáculo NON se poderá acceder á sala
Prégase puntualidade.
90 minutos
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
18'00, 14'00, 11'00, 8'50 € (desconto do 20% para +65 anos, Carné Xove, e persoas desempregadas; do 25% para familias numerosas)
*Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada independentemente da idade que teñan ou de ocuparen ou non butaca.
Noite do 24 do agosto de 1994 en Montevideo (Uruguai) Nas inmediacións do Hospital Filtro, xunto á entón sede da presidencia do país, dirixentes da partida Fronte Ampla e da central unitaria de traballadores PIT-CNT, convocan unha manifestación en contra da extradición de tres integrantes da banda terrorista armada ETA, cuxo traslado foi autorizado pola Suprema Corte de Xustiza de Uruguai.A estación de radio de CX 44 Radio Panamericana chama a asistir á zona e miles de persoas achéganse para pedir asilo político para os tres vascos. Berros na rúa.As forzas de seguridade dispóñense a trasladar aos tres etarras ao Aeroporto Internacional de Carrasco para levalos de volta a España, pero os berros crecen.Agustín Lasa, un enfermeiro que tenta socorrer a unha das vítimas, recibe catro disparos por detrás.Carlos Alberto Pont, un mozo de 18 anos, é ingresado con perda de masa encefálica por ferida de bala.Álvaro Masoni, de 24 anos, morre ao ser alcanzado por 12 disparos. E 12 son tamén as puñaladas que acaban coa vida do fotógrafo Alberto Pascal.Ás 23:45 horas, o Boeing 707 da Forza Aérea de España despega con destino a Madrid.Segundo as cifras oficiais houbo un falecido, máis de 100 civís feridos graves (15 deles de bala) e incontables feridos leves, entre eles 44 policías.O 'suceso de Filtro' está considerado como o incidente de violencia nas rúas e represión social máis grave xamais rexistrado desde a volta da democracia uruguaia en 1985.
Con Marcos Valls, Luis Pazos, Agustín Urrutia e Camila Parard
Dramaturxia e dirección: María Goiricelaya
Coprodución internacional entre La Sala Verdi (Uruguai) e La Dramática Errante coa colaboración de Donostia Kultura
Venda de entradas soltas desde o 9 de setembro
Despacho de billetes da praza de Ourense, de luns a venres das 11.00 ás 15.00 e das 16.30 ás 19.30 h
Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función dende as 16.00 h

29 de outubro de 2025
Un novo programa, dirixido a público familiar, que se incorpora á carteleira do planetario da Casa das Ciencias

24 de setembro de 2025
Unha exposición retrospectiva con imaxes de astronomía de Alfredo Madrigal, un dos grandes astrofotógrafos galegos da súa xeración

20 de setembro de 2025
Os Prismas de Bronce entregaranse nun acto que terá lugar o próximo 15 de novembro no Concello da Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible