De Adrián Perea
Para público en xeral
Dende o 24/04/2026 ata o 25/04/2026
20.30 h
*Unha vez que comece o espectáculo NON se poderá acceder á sala
Prégase puntualidade.
90 minutos
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
21'50, 15'00, 13'00, 9'50 € (desconto do 20% para +65 anos, Carné Xove, e persoas desempregadas; do 25% para familias numerosas)
*Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada independentemente da idade que teñan ou de ocuparen ou non butaca.
Quen non coñece a Miguel Mihura? Quen non sabe que foi un dos humoristas máis importantes do Século XX? Quen esqueceu que a súa primeira obra, Tres sombreros de copa, foi unha das precursoras do humor absurdo? Quen descoñece que esta historia, en realidade, se trate dunha autoficción? E é que a vida de Miguel estivo chea de desencantos, esperas, desamores, fracasos e algún que outro éxito que apareceu case ao final dos seus días. Un éxito, o de Tres sombreros de copa, que chegou cando logrou estreala vinte anos despois de escribila. Unha historia, a da súa vida, que dunha forma ou outra sempre estivo ligada ao seu primeiro texto. Ese que viviu, despois escribiu, tratou de vender, desestimou, desprezou, estreou de mala gana e por último encumbrouno a formar parte a historia da literatura dramática.
Con David Castillo, Paloma Córdoba, EsperanzaElipe, Esther Isla, Rulo Pardo, Kevin de la Rosa, Álvaro Siankope
Dirección: Beatriz Jaén
Coprodución de Nave 1O Matadero e Entrecajas Producciones Teatrales
Venda de entradas soltas desde o 9 de setembro
Despacho de billetes da praza de Ourense, de luns a venres das 11.00 ás 15.00 e das 16.30 ás 19.30 h
Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función dende as 16.00 h

29 de outubro de 2025
Un novo programa, dirixido a público familiar, que se incorpora á carteleira do planetario da Casa das Ciencias

24 de setembro de 2025
Unha exposición retrospectiva con imaxes de astronomía de Alfredo Madrigal, un dos grandes astrofotógrafos galegos da súa xeración

20 de setembro de 2025
Os Prismas de Bronce entregaranse nun acto que terá lugar o próximo 15 de novembro no Concello da Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible