Charla do ciclo de conferencias organizado por CorBI Foundation
Para público en xeral
03/05/2022
Xa rematou
Ás 19.30 horas
Entrada libre ata completar a capacidade da sala
CorBI Foundation
Nesta charla, que ofrecerá a Dra. Rosa Arroyo, falarase sobre como a proliferación de información non contrastada, a publicidade enganosa, a hiperconectividade e as novas canles de comunicación, especialmente as redes sociais, favoreceron a difusión e amplificación de falsas novas sanitarias, así como da importancia de contribuír a conseguir unha sociedade máis participativa e empoderada, que identifique e acuda a fontes acreditadas para tomar con liberdade as decisións sobre o seu proceso de enfermidade.
Rosa Arroyo, é vicesecretaria da Organización Médica Colexial de España (OMC), coordinadora do Observatorio contra pseudociencias e pseudoterapias da OMC e oftalmóloga na área Sanitaria de Ferrol.

29 de outubro de 2025
Un novo programa, dirixido a público familiar, que se incorpora á carteleira do planetario da Casa das Ciencias

24 de setembro de 2025
Unha exposición retrospectiva con imaxes de astronomía de Alfredo Madrigal, un dos grandes astrofotógrafos galegos da súa xeración

20 de setembro de 2025
Os Prismas de Bronce entregaranse nun acto que terá lugar o próximo 15 de novembro no Concello da Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible