Volve o «Día da Ciencia na Rúa», que terá lugar o sábado 4 de maio no parque de Santa Margarida da Coruña de 11.00 a 19.00 horas.
Para público en xeral
04/05/2024
Xa rematou
Sábado 4 de maio, de 11.00 a 19.00 horas
Organizado por Museos Científicos Coruñeses-Concello da Coruña, Asociación de Amigos da Casa das Ciencias e Cátedra EMALCSA-UDC.
Coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
O parque de Santa Margarida acolle un ano máis centos de actividades de bioloxía, tecnoloxía, matemáticas e física ao alcance de todos os públicos da man de alumnado e profesorado de centros educativos, persoal da investigación e divulgación da universidade e outras entidades científicas.
Ademais, os Museos Científicos Coruñeses programan este día cunha xornada de portas abertas nos seus tres centros, a Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae, en horario de 10.00 a 19.00 horas (último acceso ás 18.00 horas no Aquarium, ás 18.30 horas na casa das Ciencias e Domus).
Para visitar o Aquarium Finisterrae será imprescindible realizar unha reserva de entradas, que poderá facerse cun máximo de 3 días de antelación nesta ligazón.
A visita á Casa das Ciencias e á Domus será libre, sen reserva previa, e sempre que a capacidade non estea completa.
O plano de situación de postos e actividades pode consultarse no PDF interactivo inserido no recuadro superior desta páxina.

15 de maio de 2026
Está instalada na explanada exterior de acceso ao museo

30 de abril de 2026
Será o 9 de maio nos Xardíns de Méndez Núñez, de 11 a 19 horas

28 de abril de 2026
Trátase de Jinzi, unha foca macho procedente do Oceanogràfic de Valencia
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible