Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de setembro de 2023

O Aquarium Finisterrae desenvolve unha xornada de divulgación científica sobre especies invasoras

A actividade enmárcase dentro da colaboración do acuario coruñés coa campaña «Stop comercio invasoras»

O sábado 16 de setembro, de 10.00 a 19.00 horas, en colaboración co grupo UDCiencia da Universidade da Coruña organízase unha xornada divulgativa sobre especies invasoras.

A primeira das actividades será unha extracción da planta chamada "unlla de gato" (Carpobrotus edulis) que medra na terraza do acuario. A extracción de plantas realizarase a partir das 10.30 h e quen desexe participar terán entrada gratuíta ao acuario, aínda que para iso deberán reservala en liña a partir de mércores 13, desde as 10.00 horas neste formulario (100 prazas dispoñibles).

A xornada inclúe ademais seis obradoiros experimentais nos que a participación é libre, pero as persoas interesadas deberán aboar a entrada correspondente na recepción do Aquarium Finisterrae.

Estes son os obradoiros programados:

• «Poliquetos invasores». É un taller para coñecer o grupo de poliquetos e concienciar o público sobre o risco de introducir especies cando se utiliza poliqueto exótico como cebo vivo.

• «Un cangrexo con amigos e inimigos». O obxectivo é que o público profunde nas relacións complexas entre especies, tanto exóticas como nativas, na natureza.

• «Os números da velutina». Neste obradoiro abórdase a invasión desta especie de forma lúdica, a través de xogos de asociación de números e con feitos.

• «Quen controla os invasores?» Tomando como base algunhas especies seleccionadas para este taller, o público poderá comprender como funcionan os métodos de control, vantaxes e desvantaxes, taxa de éxito ou os riscos asociados.

• «O doutor Jekyll e o señor Hyde». Un obradoiro no que se proporán debates co público tomando como punto de partida artigos, reportaxes, imaxes que conviden á reflexión sobre os distintos aspectos abordados.

• «Plantas invasoras: expansión imparable?» O público poderá ver e manipular individuos de especies invasoras, aprendendo as súas orixes e principais características que lles confiren carácter invasor. O obradoiro pretende amosar diferentes estratexias reprodutivas de especies de plantas exóticas invasoras presentes en Galicia.

Campaña «Stop comercio invasoras»

Esta campaña de información e sensibilización busca alertar sobre a venda e adquisición de especies invasoras e fomentar recomendacións e boas prácticas que axuden a reducir o risco que leva o comercio electrónico como vía de introdución de fauna e flora invasora.

A campaña, dirixida tanto a consumidores como a profesionais dedicados ao comercio de animais e plantas, realízase dentro do proxecto LIFE INVASAQUA (Aquatic Invasive Alien Species of Freshwater and Estuarine), financiado polo Programa LIFE da Unión Europea. Ten como obxectivo reducir a problemática que supoñen as especies invasoras nos ecosistemas acuáticos de auga doce e sistemas estuarios de España e Portugal a través da información, formación e sensibilización.

O Aquarium Finisterrae colabora organizando actividades, apoiando as mensaxes principais da campaña e difundindo un tríptico divulgativo, o Código de conduta ou o uso da aplicación para móbiles.

Enderezo:

Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión