Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de xullo de 2021

O Aquarium Finisterrae estrea «Fotógrafos da natureza 2021»

A exposición presenta as fotografías galardoadas na última edición do concurso «GDT European Wildlife Photographer of the Year».

O concurso «GDT European Wildlife Photographer of the Year» iniciouse no ano 2000, promovido pola Asociación Alemá de Fotógrafos da Natureza (GDT nas súas siglas en alemán). Ten como obxectivo mostrar o extraordinario nivel da fotografía de natureza tanto profesional como afeccionada en Europa, pero tamén pretende promover o coñecemento da natureza e a súa conservación.

En palabras da profesora Dra. Beate Jessel, patroa do concurso: "As máis de 19.000 fotografías enviadas desde 38 países europeos inclúen imaxes que nos deixan sorprendidos/as pola beleza da natureza, así como imaxes que nos mostran como tratamos e maltratamos esa mesma natureza. Simultaneamente lémbrannos a urxencia de tomar medidas para protexela, á vez que mostran o valioso que é non escatimar esforzos para lograr este obxectivo".

O concurso comprende nove categorías cuxas fotos se poden ver na exposición: Aves, Mamíferos, Outros animais, Eloxio das plantas, Paisaxes, Mundo submarino, Ser humano e natureza, Forma e composición, e Novos fotógrafos/as.

Nesta edición do concurso foron finalistas 19 fotógrafos españois, 1 deles gañador na categoría doutros animais, e outro na categoría de Novos fotógrafos menores de 14 anos.

O gañador absoluto deste ano é Jasper Doest, de Países Baixos, cunha imaxe dun macaco xaponés actuando nunha taberna, e que describe así:

"No Xapón contemporáneo, o macaco xaponés pasou de ser un símbolo relixioso venerado a un chibo expiatorio secular, un paria desfigurado e obxecto de burlas; xa non é sagrado. Na taberna Kayabuki de Utosonomiya, o macaco xaponés Fuku-chan quítase a máscara de papel maché durante unha actuación con Yume-chan, un dos monos máis antigos do propietario. Despois da cea na taberna, a clientela ten a oportunidade de ver os macacos realizar trucos, nun escenario improvisado, coa axuda dunha variedade de accesorios escénicos. Lembroume un poema xaponés de, Matsuo Bashō, que no século XVII, escribiu: "ano tras ano / o mono usa / unha máscara de mono", referíndose a un mono que fai os mesmos trucos unha e outra vez, ou a persoas que cometen os mesmos erros unha ou outra vez nunha vida inmutable. Cando aprenderemos?"

Enderezo:

Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión