29 de maio de 2024
O 5 de xuño presentarase un selo conmemorativo e unha exposición filatélica sobre temas mariños. O sábado 8 de xuño realizarase unha xornada de portas abertas, con reserva previa de entradas.
O 5 de xuño o Aquarium Finisterrae cumpre 25 anos, unha data con dúas sinaladas efemérides para este centro, pois inspiraron a súa creación e os seus contidos, dedicados á conservación e a educación: o Día Internacional do Medio Ambiente, e a saída de Alexander vonHumboldt do porto da Coruña nunha expedición de descubrimento científico.
Con este motivo e, en colaboración coa Sociedade Filatélica da Coruña, poñerase en circulación un selo oficial emitido por Correos a través da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre que lembra o aniversario, ilustrado cunha imaxe dun dos emblemas do Aquarium Finisterrae, a Sala Nautilus. Estes selos, acompañados dunha tarxeta portadora, estarán dispoñibles para os coleccionistas na Sociedade Filatélica da Coruña.
Ademais, presentarase unha exposición filatélica sobre temas mariños, que quedará instalada no Aquarium entre o 5 e o 25 de xuño. Esta exposición, realizada grazas á colaboración de tres coleccionistas, inclúe aproximadamente 500 selos, emitidos principalmente durante o século XX, tanto nacionais como estranxeiros. A exposición está formada por 3 coleccións:
- «Fillos da auga», que mostra a diversidade de especies de peixes.
- «A pesca», que aborda as diferentes técnicas e artes empregadas nesta actividade.
- «Os grandes mamíferos do mar», dedicada ás baleas.
Xornada de portas abertas
Os actos de celebración do 25 aniversario continuarán o sábado 8 de xuño, Día Mundial dos Océanos, cunha xornada de portas abertas, de entrada gratuíta. Para visitar o Aquarium Finisterrae este día será imprescindible realizar unha reserva previa de entradas nesta ligazón, reservas que se poderán realizar a partir do mércores 5 de xuño.
A xornada completarase ás 12.00 horas, cun concerto no que participarán a Banda Municipal da Coruña e o proxecto MIP. A este evento poderán asistir as persoas que reservasen entradas para o Aquarium Finisterrae neste 8 de xuño.
O proxecto MIP (Músicas Inclusivas e Participativas) nace no ano 2016 da unión da Asociación Cultural Tres por Cuatro e o músico, compositor e técnico sociosanitario coruñés Robert Pier. Acompañado pola Banda Municipal de Música da Coruña, dirixida por Juan Miguel Romero Llopis, e en colaboración con entidades como Adaceco, Apem, Aspronaga, CAPD ou Fundación Adcor, interpretará os "Mantras das emocións", con arranxos musicais de Adrián Saavedra Nieto. Os "Mantras das emocións" (aceptación, amor, felicidade, gratitude, odio ou tristeza) proveñen dun concepto hindú que se fundamenta na interpretación de obras musicais curtas e circulares ás que se lles atribuíu certo poder curativo. Ademais de cantar, convérsase sobre como transitar as emocións, como aceptalas como parte da experiencia humana e como deixalas ir cando resulta necesario.
Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña
4 de outubro de 2024
Xa se pode visitar na planta baixa do museo a nova instalación, na que cada día nacerán unha decena de crías de galiña
29 de setembro de 2024
Os Prismas de Bronce entregaranse nun acto que terá lugar o próximo 16 de novembro no Concello da Coruña.
10 de setembro de 2024
Xa está aberto o sistema de solicitude de reservas para as visitas de grupos escolares á Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible