29 de decembro de 2020
A exposición «Ceos galegos» presenta unha colección de fotografías do ceo nocturno e diúrno tomadas en diversos enclaves galegos.
Desde o mércores 30 de decembro, a planta baixa da Casa das Ciencias conta cunha exposición fotográfica con imaxes dos ceos de Galicia. A mostra recolle instantáneas de «Ceos galegos», un proxecto de divulgación científica dirixido por X. Dosi Veiga, centrado en dar a coñecer paisaxes galegas onde o protagonista é o ceo, diúrno ou nocturno.
As espectaculares imaxes admiten lecturas desde diferentes disciplinas como a astronomía, a xeoloxía, a bioloxía, a arqueoloxía ou a meteoroloxía. Moitas delas ofrecen panoramas inéditos de lugares mil veces visitados, ou que permite establecer un interesante diálogo no que o coñecemento científico engade novos significados a lugares que forman parte da nosa memoria e cultura colectivas.
As imaxes veñen acompañadas por breves textos da poetisa Estíbaliz Espinosa, que ás veces interpretan, ás veces suxiren e ás veces iluminan algún aspecto da imaxe que temos diante. Nesta selección pódese perder a mirada na nebulosa de Orión, desde Estaca de Bares; no cometa Neowise, desde A Veiga; ou en Saturno, Xúpiter, a Vía Láctea e o mar de Ardora, desde a praia de Carnota.
Debido á situación sanitaria actual, só é posible acceder ao planetario da Casa das Ciencias e sempre con reserva de entrada previa, polo que esta exposición unicamente se pode visitar ao entrar ou saír dunha sesión do planetario.
Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña
23 de abril de 2024
Terá lugar o sábado 4 de maio, no Parque de Santa Margarida, de 11.00 a 19.00 horas.
22 de abril de 2024
O prazo de presentación de traballos finaliza o 3 de xuño nas oito modalidades do certame
21 de marzo de 2024
A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abren todos os días das 10.00 ás 19.00 horas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible