21 de xuño de 2018
Proxectarase como un extra ao final do novo programa «A noite é necesaria», ás 13.00 e 18.00 horas do sábado 23 e domingo 24 de xuño.
«Fogos» é unha película experimental para planetarios que foi gravada nas festas de San Xoán da Coruña. É unha película que propón gozar de mirar e escoitar, a esencia mesma das artes e ciencias do cinema.
Esta curtametraxe, producida polos Museos Científicos Coruñeses, presentarase no Festival Internacional de Cinema de Marsella o próximo mes de xullo. Nos últimos meses este filme xa foi proxectado noutros certames:
- S8, Festival de Cinema Periférico da Coruña
- Festival Internacional de Cinema Independente de Cosquín (Arxentina)
- Festival Internacional de Cinema Documental de Navarra
- Festival Internacional de Cinema Inmersivo de Espinho (Portugal)
- Festival Internacional de Cinema de Xixón
Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña

28 de abril de 2026
Trátase de Jinzi, unha foca macho procedente do Oceanogràfic de Valencia

24 de abril de 2026
O prazo de presentación de traballos comeza o 1 de maio e finaliza o 1 de xuño nas oito modalidades do certame

4 de febreiro de 2026
Nova exposición fotográfica no Corredor López Seoane do Aquarium Finisterrae
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible