Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de novembro de 2022

Entrega dos Prismas Casa das Ciencias á Divulgación 2022

Concedéronse os Prismas de Bronce aos mellores traballos en sete categorías: Vídeo, Novos medios, Libro editado, Artigo xornalístico, Radio, Proxectos singulares e Prisma Especial do Xurado.

A XXXV convocatoria dos premios Prismas Casa das Ciencias finalizou o sábado 19 de novembro coa cerimonia de entrega dos Prismas de Bronce no salón de plenos do Concello da Coruña.

O certame premiou cun Prisma de Bronce aos mellores traballos en sete categorías: Vídeo, Novos medios, Libro editado, Artigo xornalístico, Radio, Proxectos singulares e Prisma Especial do xurado. Ademais, todas as modalidades, excepto a de Libro editado e a de Prisma especial do xurado, recibiron un premio de 4.000 euros.

Os premios Prismas á Divulgación chegan a esta vixésima quinta convocatoria cunha perspectiva renovada da divulgación científica. Se en 1987, cando comezou a andar este certame, os traballos en vídeo e os libros eran os formatos máis comúns nos que a ciencia chegaba á cidadanía, hoxe asistimos ao despregamento dun abano de recursos cos que comunicar e interesar ao público. E é quizais a modalidade de proxectos singulares, incluída nos premios Prismas desde o ano 2019, a que recibe as presentacións máis imaxinativas.

O prestixio alcanzado por estes premios na súa longa traxectoria vén avalado pola calidade e transcendencia dos traballos premiados en todas as modalidades, así como pola participación no xurado de profesionais procedentes de diversos ámbitos da comunicación científica que achegan un criterio actualizado e diverso.

Cadro de honra 2022

  • Mellor traballo en vídeo: Camino a Congreso, unha webserie do IAA-CSIC, por unha ficción audiovisual de gran calidade técnica que retrata con humor a vida cotiá nun equipo científico.
  • Mellor novo medio: Yonki Books, de Oihan Iturbide, por achegar recursos de gran calidade, con riqueza de formatos e perspectivas, sobre as adiccións, un problema arrodeado de estigmas e prexuízos.
  • Mellor libro editado: Acoso, de en Ángela Bernardo Álvarez Next Door Publishers, por presentar unha investigación rigorosa sobre o acoso, un problema de gran transcendencia que afecta aos dereitos fundamentais das persoas que fan ciencia.
  • Mellor artigo xornalístico: Historia de un secuestro genético: así fue como una mosca robó "superpoderes" a una planta, de Jesús Méndez González en Agencia SINC por converter unha investigación de ciencia básica e moi pouco coñecida nunha historia fascinante de gran calidade xornalística.
  • Mellor traballo en radio: La lupa sónica, un podcast de María Teresa Pérez Cidoncha e Xaviera Torres Joerges, por achegar a ciencia á infancia cun estilo innovador e un deseño sonoro de gran calidade.
  • Mellor proxecto singular: Dones de ciencia, promovido pola Universidad Politécnica de Valencia, por visibilizar a científicas contemporáneas nun proxecto de amplo alcance que combina arte e ciencia coa participación da cidadanía.

Ademais, o xurado decidiu outorgar o Prisma Especial do Xurado a Enrique Pérez Montero, investigador do IAA-CSIC, por promover unha divulgación que achega a ciencia ás persoas con discapacidade visual e fai reflexionar ao conxunto da sociedade.

Decidiuse outorgar tamén as seguintes mencións honoríficas:

  • Na modalidade de Libro editado a , La ciencia del chup chup de Elena Sanz en Editorial Planeta.
  • Na modalidade de Proxecto singular a Talentos inclusivos, da Universidade da Coruña e ASPACE.

Ademais, o xurado decidiu declarar deserto o Prisma ao mellor texto inédito.

Composición do Xurado:

· Presidenta: Pampa García Molina, xornalista científica, coordinadora do Science Media Centre España.

Estivo composto ademais por:

· María Viña Rebolledo, xefa de sección técnica do MUNCYT (Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía)

· Núria Jar Benabarre, xornalista científica.

· Isidora Fernández Bañados, creative engagement specialist en Science for Change.

· Félix Sánchez-Tembleque Díaz-Pache, técnico superior no CITEEC- Universidade da Coruña.

· Iván Rodríguez Arós, artista especializado en divulgación científica en Divulgare-Universidade de Vigo.

Marcos Pérez Maldonado, xefe de servizo dos Museos Científicos Coruñeses, que actuou como secretario.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión