A Domus acollerá o 15 de maio o concerto do Festival RESIS titulado «Realidade», presentado por Pulso Ensemble.
Para público en xeral
15/05/2021
Xa rematou
Recollida de invitacións na Domus a partir do 5 de maio, de 10 a 19 horas, ata que se esgoten. A capacidade da sala está reducida.
O concerto terá lugar o 15 de maio ás 20.00 horas
Entrada gratuíta, con retirada previa de invitacións a partir do 5 de maio na Domus.
Pulso presenta «Realidade», un espectáculo multimedia formado por 5 pezas de carácter performativo, que nos convidan a reflexionar sobre o papel e a influencia da imaxe na sociedade actual, a relación entre o humano e a máquina así como da representación do corpo a través dos medios dixitais.
RESIS é un festival internacional de música contemporánea e artes vivas que establece na Coruña un punto de encontro para a difusión da creación e interpretación do noso tempo. Un espazo de confluencia onde xerar novas vías de audición, reflexión, debate e formación sobre as distintas linguaxes da creación de vangarda.
23 de abril de 2024
Terá lugar o sábado 4 de maio, no Parque de Santa Margarida, de 11.00 a 19.00 horas.
22 de abril de 2024
O prazo de presentación de traballos finaliza o 3 de xuño nas oito modalidades do certame
21 de marzo de 2024
A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abren todos os días das 10.00 ás 19.00 horas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible