ITEUPOR
Telemático, Presencial
Descarga e envío do formulario
Autorizacións, licenzas, concesións e homologacións
Urbanismo e infraestruturas, Comercio, Sector público
Si
Renovación da autorización municipal para instalar terrazas en espazos de uso público nalgunha das seguintes modalidades:
Instalación de terrazas en espazos de uso público (renovación terraza xa autorizada)
Poderá solicitar a renovación da autorización o titular da licenza de actividade do establecemento hostaleiro.
Presentar a documentación requirida á que deberá achegarse o xustificante de pago das taxas
Autorización suxeita a taxa:
O pago das taxas da ordenanza 1 é un depósito previo segundo o disposto nas Ordenanzas Fiscais, polo que o xustificante do pago deberá achegarse á solicitude.
O pago realizado en concepto de depósito previo non supón que a persoa interesada estea autorizada. É necesario obter a correspondente autorización, da que se deberá ter unha copia no momento da realización da ocupación.).
Titular da Concellería de Infraestruturas e Mobilidade
As modificacións tramitaranse como nova solicitude.
Normativas relacionadas
Documentación xeral
Documentación específica de terrazas sitas en espazos de dominio privado e uso público
No caso de que o titular do espazo sexa unha Comunidade de Propietarios
Documentos relacionados
Deberá dispoñer de certificado dixital .
Unha vez cuberta a solicitude telemática debe ter preparados os ficheiros que necesite para xustificar a instalación que solicita, segundo especifícase na apartado "Documentación necesaria".
No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.
A través desta Sede electrónica municipal.
En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común, teñen a obrigación de realizar este trámite, a través da Sede electrónica:
a) As persoas xurídicas.
b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios, etc).
c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colegiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas Administracións Públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.
d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.
https://sede.coruna.gal/opensiac/action/tramitacion?method=enter&id=483
Un mes desde a presentación da documentación completa.
Desestimatorio
Contra a resolución que se dite, poderase interporner:
- Recurso potestativo de reposición.
- Recurso contencioso-administrativo.

29 de outubro de 2025
Un novo programa, dirixido a público familiar, que se incorpora á carteleira do planetario da Casa das Ciencias

24 de setembro de 2025
Unha exposición retrospectiva con imaxes de astronomía de Alfredo Madrigal, un dos grandes astrofotógrafos galegos da súa xeración

20 de setembro de 2025
Os Prismas de Bronce entregaranse nun acto que terá lugar o próximo 15 de novembro no Concello da Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible