O 24 de xuño, San Xoán, festivo local, a entrada á Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae de balde.
Para público en xeral
24/06/2024
Xa rematou
Aberto de 10.00 a 19.00 horas, con último acceso ás 18.00 horas no Aquarium Finisterrae, e ás 18.30 horas na Casa das Ciencias e Domus
Aforamento limitado
Gratis
Imprescindible reserva de entradas para visitar o Aquarium Finisterrae, nesta ligazón
Para asistir a unha sesión de Planetario na casa das Ciencias hai que reservar entradas nesta ligazón
Para visitar o Aquarium Finisterrae será imprencindible realizar unha reserva de entradas, que poderá realizarse a partir do venres 21 de xuño nesta ligazón. Para facilitarlle o acceso ás persoas maiores de 65 anos, estas poderán acceder sen reserva.
A visita ás salas de exposicións da Casa das Ciencias será libre, pero para asistir a unha sesión de Planetario haberá que reservar entradas, a partir do 21 de xuño nesta ligazón.
Haberá as seguintes sesións:
11.30 h: Biosfera oscura (+ 10 anos, castelán)
13.00 h: Dinosauros, unha historia de supervivencia (+ 7 anos, galego)
17.00 h: Hazelnuts, na procura do planeta perfecto (de 4 a 7 anos, galego)
18.00 h: Programa en directo sobre o ceo desta época do ano (+10 anos, cast./gal.)
Na Domus a entrada nesta xornada será libre, sen reserva previa.

29 de outubro de 2025
Un novo programa, dirixido a público familiar, que se incorpora á carteleira do planetario da Casa das Ciencias

24 de setembro de 2025
Unha exposición retrospectiva con imaxes de astronomía de Alfredo Madrigal, un dos grandes astrofotógrafos galegos da súa xeración

20 de setembro de 2025
Os Prismas de Bronce entregaranse nun acto que terá lugar o próximo 15 de novembro no Concello da Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible