Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de maio de 2026

A Casa das Ciencias presenta unha exposición sobre as eclipses

Está instalada na chaira exterior de acceso ao museo

O próximo 12 de agosto será posible ver desde A Coruña unha eclipse total de Sol e con este motivo a Casa das Ciencias está a desenvolver diversas actividades divulgativas: un taller formativo para profesionais da educación, sesións de planetario en directo sobre a eclipse e, agora, unha exposición que está instalada nos exteriores da Casa dás Ciencias.

A mostra, composta por dous cubos de gran tamaño, presenta oito paneis gráficos con información, imaxes e infografías que expoñen cuestións científicas, culturais e sociais relacionadas coas eclipses.

O panel titulado «Eclipses de Sol», por exemplo, explica en que consiste este evento astronómico, a súa xeometría e os astros involucrados. O dedicado á «Anatomía da totalidade» expón as características máis rechamantes que se poden observar durante unha eclipse total, como a coroa solar, o chamado anel de diamantes ou as perlas de Baily. E na titulado «Cuestión de perspectiva» cóntase por que as eclipses de Sol son tan pouco frecuentes.

En «Perseguindo a sombra da Lúa» destácase que a península ibérica será o escenario de tres eclipses de Sol (en 2026, 2027 e 2028) e cales serán as súas traxectorias. O panel «Planifica a eclipse da túa vida» ofrece información sobre como escoller un lugar adecuado para a observación, as fases da eclipse e, o máis importante, as medidas de seguridade que debemos ter en conta para preservar a saúde dos nosos ollos.

Tamén hai un panel dedicado á «Historia das eclipses», que aborda desde as primeiras ideas, repletas de misterio e superstición, ás expedicións astronómicas para estudalos, e outro sobre a ciencia detrás das eclipses, xa que contribuíron a realizar e consolidar descubrimentos científicos.

Esta exposición, que pode descargarse nesta ligazón por calquera persoa ou institución que estea interesada en reproducila, acompaña ao programa de planetario «3CLIPSE», que se presentará nas próximas semanas. Un proxecto de divulgación no que participan máis de trinta planetarios, museos e centros de ciencia e que conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

Enderezo:

Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión