3 de maio de 2018
Sala Leonardo da Vinci da Domus, ás 19.30 horas
«Non todas as graxas son iguais nin o seu papel na obesidade e as enfermidades asociadas», é o título da charla que ofrecerá a Dra. María Pardo.
A Dra. Pardo, investigadora do Sistema Nacional de Saúde Miguel Servet, e do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS), expoñerá que a obesidade constitúe na actualidade o maior problema sanitario a nivel mundial, adquirindo dimensións epidémicas ao lle afectar ao 13% da poboación adulta; estímase que a este ritmo podería acadar un 20% no 2025.
A obesidade é unha enfermidade que debe ser tratada como tal xa que está asociada a patoloxías cardiovasculares ou a diabetes tipo 2 entre outras, e a outras menos coñecidas como o desenvolvemento de varios tipos de cancro.
No Grupo Obesidómica do IDIS céntrase a súa investigación no estudo dos sinais liberados pola graxa e como varían en función do tipo de depósito e no desenvolvemento da obesidade co fin de atopar novas dianas terapéuticas para esta enfermidade. Nesta charla expoñeranse os achados do grupo neste ámbito, e conceptos xerais de hábitos saudables como a alimentación e o exercicio para previr a obesidade.
Actividades relacionadas
23 de abril de 2024
Terá lugar o sábado 4 de maio, no Parque de Santa Margarida, de 11.00 a 19.00 horas.
22 de abril de 2024
O prazo de presentación de traballos finaliza o 3 de xuño nas oito modalidades do certame
21 de marzo de 2024
A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abren todos os días das 10.00 ás 19.00 horas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible