7 de febreiro de 2020
Do 11 ao 15 de febreiro haberá charlas de cultura científica, un taller para escolares e un encontro con investigadoras.
As actividades comezarán o martes 11 de febreiro, Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, co ciclo de charlas de cultura científica «Estrelecidas», coordinado pola escritora e divulgadora Estíbaliz Espinosa.
As charlas de «Estrelecidas», que se realizarán na Domus ás 20:30 horas, serán as seguintes:
Ademais destas charlas, o mércores 12 de febreiro, ás 11.00 horas, haberá un taller sobre o ADN, organizado pola Asociación Española contra o Cancro, ao que asistirá un grupo escolar de Primaria, do CEIP Eusebio da Guarda da Coruña. A actividade consistirá en extraer o ADN dunha froita, e en realizar un xogo de cartas no que se emparellarán científicas importantes na historia cos seus fitos máis relevantes.
Tamén o mércores 12, ás 19.30 horas, terá lugar a charla titulada «Cancro de pulmón: exemplo de éxito de oncoloxía de precisión», a cargo da doutora Rosario García Campelo, oncóloga no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña. Organizada por CorBi Foundation.
E o sábado 15, ás 12.00 horas, a Unidade de Divulgación Científica da Universidade da Coruña organiza a actividade Atrévete a investigar con elas!, dirixida a público familiar. Trátase de compartir espazo con catro investigadoras da UDC para coñecer a súa traxectoria científica e vital, os seus logros profesionais e algunhas anécdotas que viviron co obxecto de incentivar entre as persoas asistentes a curiosidade pola profesión de investigadora e científica. Estas son as científicas participantes:
- María Carreiro Otero, investigadora do Grupo de Arquitectura e Urbanismo Sustentable (GAUS).
- Carmen de Labra Pinedo, investigadora do grupo Neurociencia e Control Motor (NEUROcom).
- Teresa López, investigadora do grupo Investigación Lingüística e Literaria Galega (ILLA).
- Vanessa Valdeiglesias García, investigadora do programa Beatriz Galindo e do grupo Diagnóstico Conductual e Molecular Aplicado á Saúde (DICOMOSA).
A entrada ás charlas e as actividades do sábado 15 é libre, ata completar a capacidade da sala.

3 de xullo de 2026
Unha mostra colectiva de historietas de cómic que abordan diferentes perspectivas das eclipses.

3 de xullo de 2026
Faleceu tras 20 anos de vida no acuario coruñés

26 de xuño de 2026
A Casa das Ciencias estrea «3CLIPSE», unha experiencia inmersiva para descubrir as eclipses solares de 2026, 2027 e 2028
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible