Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

25 de febreiro de 2022

Os Museos Científicos Coruñeses realizan unha xornada de portas abertas o martes de Entroido

Para acceder será imprescindible realizar unha reserva de entradas, a partir do sábado 26 de febreiro.

O próximo 1 de marzo, martes de Entroido e festivo local, a entrada á Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae será gratuíta. Para acceder será imprescindible realizar unha reserva de entradas. Na Casa das Ciencias, ademais da visita ás salas de exposicións, haberá catro sesións de planetario, para as que tamén se debe reservar entrada.

Para facilitar o acceso ás persoas maiores de 65 anos, estas poderán acceder sen reserva, acompañadas doutra persoa se o precisan; no caso de querer asistir a unha sesión de planetario, si deberán realizar a reserva de entrada.

As reservas poderán realizarse, cun máximo de 3 días de antelación, nas seguintes ligazóns:

Reservas Casa das Ciencias

Reservas Domus

Reservas Aquarium Finisterrae

O horario de apertura o 1 de marzo será das 10.00 ás 19.00 horas, co último acceso ás 18.00 horas no Aquarium Finisterrae, e ás 18.30 h na Casa das Ciencias e Domus.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión