30 de abril de 2020
O venres 1 de maio publícase un vídeo que mostra por primeira vez imaxes submarinas das focas do Aquarium Finisterrae.
Desde o inicio do confinamento as instalacións da Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae permaneceron pechadas e as súas actividades presenciais suspendidas. Pero a divulgación científica que identifica a estes museos continuou a través das redes sociais, convertidas na súa principal xanela ao mundo. Desde estas plataformas propóñense a diario lecturas, actividades, experimentos, vídeos sobre o coidado dos animais do Aquarium ou sinxelas observacións astronómicas, todo para facer desde a casa.
Por exemplo, a conta de Twitter multiplicou por catro a súa actividade desde o comezo do confinamento, triplicou o número de interaccións do público e duplicou o ritmo de incorporación de novas persoas seguidoras. Nese período as visitas ao perfil da institución tamén se multiplicaron por catro.
En Facebook observouse un incremento de máis do 10% no número de seguidoras/es, e algunhas publicacións concretas chegaron a duplicar o alcance medio da actividade da conta e rozan unha audiencia de 40.000 persoas.
Imaxes submarinas das focas
Nestas semanas as focas convertéronse nas mellores embaixadoras do Aquarium Finisterrae. Para mostrar mellor a vida destes animais, procedentes doutros zoolóxicos ou nacidas nas propias instalacións, o equipo de bioloxía mariña que as atende gravou varios vídeos en 360º con imaxes submarinas da piscina que ocupan. As tomas revelan aspectos do seu comportamento que non se poden apreciar desde a superficie, como a súa grande axilidade debaixo da auga. O venres 1 de maio publícase o primeiro deses vídeos nas redes sociais dos Museos Científicos.
Sesións de planetario a domicilio
O planetario da Casa das Ciencias tamén trasladou a súa programación ás redes a través de dúas iniciativas. Por unha banda, «O Planetario na casa» ofrece vídeos curtos para aprender e gozar da observación astronómica creados con Stellarium, unha aplicación gratuíta e aberta que permite recrear o ceo como se estivésemos nunha sesión do planetario.
Por outra banda, as populares sesións do último sábado de mes realízanse agora mediante un directo en Facebook, no que o colaborador Borja Tosar ofrece a súa habitual «Postal planetaria». A sesión complétase cunha publicación dunha guía para observar o máis relevante do ceo nocturno do mes.
23 de abril de 2024
Terá lugar o sábado 4 de maio, no Parque de Santa Margarida, de 11.00 a 19.00 horas.
22 de abril de 2024
O prazo de presentación de traballos finaliza o 3 de xuño nas oito modalidades do certame
21 de marzo de 2024
A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abren todos os días das 10.00 ás 19.00 horas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible