Concerto do grupo Pärbo no Planetario, con motivo da Romaría de Santa Margarita 2026
Para público en xeral
28/08/2026
Venda de entradas a partir das 11.00 horas do 24 de agosto, nesta ligazón
Dúas sesións, ás 18.00 e ás 19.00 horas do 28 de agosto
Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña
4 euros
O Planetario da Casa das Ciencias acolle o próximo 28 de agosto un concerto de Pärbo (Begoña Riobó e Anxo Pintos) con visuais de Montse Pinheiro. Unha sesión única preparada para este concerto dentro da programación da Romaría de Santa Margarita.
Pärbo naceu na primavera de 2019, cando Begoña Riobó e Anxo Pintos comezaron a buscar un repertorio que fusionase a música tradicional galega con elementos contemporáneos. Utilizando instrumentos como o violín, a arpa céltica, a zanfona e a voz crean un son único que reflicte tanto a tradición como a innovación e logran unha proposta sonora distintiva.
Haberá dúas sesións, ás 18.00 e ás 19.00 horas. Para asistir, hai que adquirir entradas, que poderán comprarse a partir das 11.00 horas do 24 de agosto, nesta ligazón.

31 de xullo de 2026
Coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades

3 de xullo de 2026
Unha mostra colectiva de historietas de cómic que abordan diferentes perspectivas das eclipses.

3 de xullo de 2026
Faleceu tras 20 anos de vida no acuario coruñés
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible