Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

21 de decembro de 2020

Nadal nos Museos Científicos Coruñeses

A Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae estarán abertos todos os días excepto o 25 de decembro e o 1 e 6 de xaneiro.

Durante as vacacións escolares de Nadal, do 23 de decembro ao 10 de xaneiro, a Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae estarán abertos cos seguintes horarios e actividades:

AQUARIUM FINISTERRAE

Está aberto de 10.00 a 19.00 horas de luns a domingo. O 24 e 31 de decembro, de 10.00 a 14.00 horas. Pechado o 25 de decembro e o 1 e 6 de xaneiro.

A partir do 2 de xaneiro o horario de apertura será de luns a venres de 10.00 a 18.00 horas; sábados, domingos e festivos de 11.00 a 19.00 horas.

Para visitar o Aquarium é imprescindible realizar unha reserva previa de entrada.

CASA DAS CIENCIAS

Está aberta só con acceso ás sesións de Planetario, con reserva previa de entrada imprescindible.

A programación será esta:

  • 23, 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro:

11.00 h. «Da Terra ao universo». Maiores de 10 anos

13.00 h. «Máis aló do Sol». De 6 a 12 anos

16.30 h. «O ceo de Cloe». De 4 a 6 anos

18.00 h. «Lévame á Lúa». Maiores de 10 anos

  • 24 e 31 de decembro

11.00 h. «Da Terra ao universo». Maiores de 10 anos

13.00 h. «Máis aló do Sol». De 6 a 12 anos

  • 2, 3, 4, 5, 7, 8 de xaneiro:

11.00 h. «Da Terra ao universo». Maiores de 10 anos

13.00 h. «Máis aló do Sol». De 6 a 12 anos

16.30 h. «O ceo de Cloe». De 4 a 6 anos

  • 9 e 10 de xaneiro:

11.00 h. «Da Terra ao universo». Maiores de 10 anos

13.00 h. «Máis aló do Sol». De 6 a 12 anos

16.30 h. «O ceo de Cloe». De 4 a 6 anos

18.00 h. «Lévame á Lúa». Maiores de 10 anos

DOMUS

Está aberta exclusivamente cun programa de actividades para as que é imprescindible reservar entrada.

As actividades, que se realizarán do 23 ao 10 de xaneiro, excepto o 25 de decembro, 1 e 6 de xaneiro, son:

  • maker@domus: actividades para experimentar a cultura «maker» e facer tecnoloxía con materiais sinxelos e moita imaxinación. Unha oportunidade única para «pensar coas mans». Idade mínima: a partir de 10 anos.
  • atapuerca@domus: proxección da película «En busca do primeiro europeo», foto coa familia homínida e taller de pintura prehistórica. Idade mínima: a partir de 8 anos.
  • misión@domus: un xogo de escape no que hai que atopar pistas ocultas ou resolver situacións inesperadas para conseguir finalizar a misión secreta no tempo límite. Idade mínima: a partir de 6 anos.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión