27 de decembro de 2018
A mostra preséntase na planta baixa da Casa das Ciencias
A exposición componse de imaxes que seguen o rastro do Sol en diferentes latitudes da Terra, e está comisariada polo fotógrafo Diego López Calvín.
Solarigrafía é un proxecto aberto que comeza no ano 2000, no que se combinan aspectos artísticos e tecnolóxicos para obter e compartir fotografías que nos mostran o percorrido aparente do Sol en distintas latitudes da Terra. O concepto foi introducido polos fotógrafos Diego López Calvín, Slawomir Decyk e Pawel Kula.
As imaxes obtéñense con cámaras estenopeicas cargadas con papel fotosensible que son expostas á luz durante longos períodos de tempo. A imaxe xérase por ennegrecemento directo no interior da cámara escura e produce un negativo de papel que, nunha segunda fase de traballo, é escaneado e tratado cun programa de edición de imaxe para obter o arquivo dixital.
Modernas técnicas dixitais
Deste xeito, as imaxes tenden unha ponte entre os comezos da fotografía do século XIX e as modernas técnicas dixitais do século XXI. Ao mesmo tempo, relacionan de forma directa a fotografía como medio de expresión coa astronomía, a meteoroloxía, a xeolocalización, o coñecemento do medio ou a agricultura.
As imaxes da exposición son obra de Diego López Calvín, Otto Roca, Jose Luiz Oubiña, X. Esteban Naves, Xiu Chaw, José Loredo, Maciej Zapior, Łukasz Fajfrowski e Tommy Dahl Markussen.
Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña
23 de abril de 2024
Terá lugar o sábado 4 de maio, no Parque de Santa Margarida, de 11.00 a 19.00 horas.
22 de abril de 2024
O prazo de presentación de traballos finaliza o 3 de xuño nas oito modalidades do certame
21 de marzo de 2024
A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abren todos os días das 10.00 ás 19.00 horas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible