Concello da Coruña

Concello da Coruña

Taller sobre biodiversidade con animais vivos

Celebrarase no Aquarium Finisterrae o 7 e 8 de marzo con motivo do Día Mundial da Natureza

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 07/03/2026 ata o 08/03/2026

Horario:

Sábado 7 de marzo de 12 a 14 horas

Domingo 8 de marzo de 12 a 14 horas

Enderezo:

Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña

Prezo:

Prezo da entrada ao Aquarium Finisterrae que corresponda a cada persoa que desexe asistir. Deberase retirar tamén un pase gratuíto para o taller na recepción do Aquarium.

O Aquarium Finisterrae organiza, con motivo do Día Mundial da Natureza, que é o 3 de marzo, unha actividade para coñecer de preto unha mostra da enorme variedade dos invertebrados máis sorprendentes da natureza. Poderase descubrir en vivo e en directo diferentes aspectos da bioloxía de especies como escorpiones, milpiés xigante, escaravello goliat, migalas, bolboretas xigantes, insecto folla, insectos pau, cangrexo ermitán dos bosques, cascudas de Madagascar, caracol xigante de terra, etc.

Ao tratarse dunha actividade con animais vivos, atendida por Miguel Santamaría, biólogo e divulgador científico, o taller achega un compoñente emocional moi importante, xa que permite a acódelas asistentes interactuar coa maioría das especies.

Haberá dúas sesións deste taller, o sábado 7 e o domingo 8 de marzo, en horario de 12 a 14 horas. A actividade está dirixida a públicos de todas as idades. As persoas que desexen asistir deberán abonar o prezo da entrada ao Aquarium Finisterrae que lles corresponda e retirar un pase gratuíto para o taller. A actividade ten capacidade limitada para 90 participantes.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión