Concello da Coruña

Concello da Coruña

VI Feira de Ciencia Isabel Zendal

Organizada en colaboración co grupo UDCiencia d+i, terá lugar o sábado 3 de febreiro, en horario de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 18.30 horas.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

03/02/2024

Xa rematou

Horario:

De 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 18.30 horas.

Enderezo:

Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña

Prezo:

A actividade non ten un custo adicional, está incluído no prezo da entrada que cada persoa deba aboar para visitar o Aquarium Finisterrae.

Organiza:

UDCiencia d+i en colaboración co Aquarium Finisterrae

A Feira de Ciencia Isabel Zendal despregará nas salas do Aquarium Finisterrae once obradoiros divulgativos sobre ciencia atendidos por profesorado e alumnado da Universidade da Coruña, ofrecendo unha oportunidade para descubrir e aprender ciencia participando nunha diversidade de experimentos, xogos e actividades. Con motivo do 25 aniversario do Aquarium, a feira dedicará estes talleres a algúns dos grupos animais máis característicos do centro como quenllas, peces pallaso, focas, ademais de abordar outros temas como o aproveitamento da enerxía solar, as algas, as aves mariñas ou as matemáticas no acuario.

As persoas que desenvolverán as actividades estarán caracterizadas como os protagonistas da expedición da vacina, da que toma nome esta feira. Os alumnos e alumnas serán os nenos da vacina e o profesorado representará aos médicos Balmis e Salvany, o mariño Pedro do Barco, así como á enfermeira Isabel Zendal.

A actividade está dirixida a todo o público que visite o Aquarium Finisterrae, e non ten custo adicional, está incluída no prezo da entrada que cada persoa deba aboar.

A Feira está organizada por UDCiencia d+i, un grupo de divulgación científica e innovación docente da Universidade da Coruña, en colaboración co Aquarium Finisterrae. Leva o nome de Isabel Zendal como homenaxe á Real Expedición Filantrópica da Vacina, que partiu do porto da Coruña o 30 de novembro de 1803

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión