Exposición na Casa das Ciencias sobre a astronomía e a exploración espacial nos medios de comunicación e nas redes sociais. Inclúe sorprendentes elementos interactivos, como unha pista de baile iluminada por raios cósmicos, un fotomatón de luz infravermella ou un xerador de paisaxes planetarias por realidade virtual.
A ciencia avanza tan rápido que os medios de comunicación (e as redes sociais) convertéronse na única vía pola que unha persoa interesada pode manterse ao día dos seus progresos. Con todo, entre os obxectivos principais dos medios e das redes (informar, entreter, vender, conectar...) non figura educar o público.
Por iso as regras do xogo para aprender nestes espazos son distintas das que manexamos na escola, os museos e outros ámbitos deseñados para a educación. A astronomía como cha contan é unha exposición sobre a forma en que os medios tratan as noticias sobre astronomía e astronáutica.
Seis ámbitos
A información está distribuída en seis ámbitos que cobren a exploración do Sistema Solar, a investigación sobre o espazo profundo, os achados de planetas extrasolares, a vida dos astronautas no espazo, os satélites que observan o noso propio planeta e a contaminación luminosa que dificulta o gozo do firmamento.

29 de outubro de 2025
Un novo programa, dirixido a público familiar, que se incorpora á carteleira do planetario da Casa das Ciencias

24 de setembro de 2025
Unha exposición retrospectiva con imaxes de astronomía de Alfredo Madrigal, un dos grandes astrofotógrafos galegos da súa xeración

20 de setembro de 2025
Os Prismas de Bronce entregaranse nun acto que terá lugar o próximo 15 de novembro no Concello da Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible