Descubre o firmamento que poderás ver desde a túa casa, se a luz artificial e as nubes non o impiden.
Os nosos pobos e cidades aínda están demasiado iluminados pola noite, pero se as túas xanelas teñen un horizonte despexado e podes evitar a luz directa dos farois, é o momento de aproveitar as horas tras a posta de Sol (ou as do amencer, se prefires madrugar) para gozar do que nos ofrece o firmamento estes días.
En abril teremos Lúa chea o día 8, e como coincidirá nun punto da súa órbita bastante próximo á Terra, gozaremos dun plenilunio espectacular. Con todo, non serán os mellores días para lle facer fotos á Lúa ou contemplala con prismáticos, xa que os detalles máis interesantes sempre os atopamos no terminador, a división entre a parte iluminada e a parte en sombra do noso satélite.
Planetas
Á primeira hora da noite, Venus é o único planeta á vista, xusto encima das luces do atardecer. Se esperamos ata media noite, e podemos mirar en dirección contraria, veremos saír, por esta orde, a Júpiter, Marte e Saturno, moi xuntos nesta época do ano.
Choiva de estrelas
Como case todos os meses, abril tamén ten a súa propia choiva de estrelas fugaces, neste caso a das Líridas, que parecen xurdir da constelación da Lira. Esta corrente de meteoros ten o seu máximo os días 22 e 23, así que, se vives nun lugar relativamente escuro, seguro que podes chegar a ver algunha. Se é así, non te esquezas de pedir un desexo.

12 de xaneiro de 2026
MiniDomus é un espazo pensado para aprender facendo, onde cada actividade convida a experimentar, compartir e descubrir o mundo con asombro.

29 de outubro de 2025
Un novo programa, dirixido a público familiar, que se incorpora á carteleira do planetario da Casa das Ciencias

7 de setembro de 2024
Trátase dun programa Erasmus+ que se adentra na relación do cambio climático coa xenética e a saúde
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible