Experimenta na casa por que lavar as mans desactiva o coronavirus
As películas de xabón pódense comportar como as membranas das células e dalgúns virus. Así que imos facer un experimento sobre que sucede cando o xabón e as membranas do novo coronavirus entran en contacto. (Podes seguir o experimento premendo nas imaxes e deslizando cara á esquerda).
>> Necesitamos: lavalouzas, auga, glicerina, corda, dúas palliñas, tesoiras e unha bandexa que sexa máis ancha que as palliñas.
>> Construímos: para facer o líquido de burbullas, mesturamos lavalouzas e auga nunha proporción de 1:10, agregando unha cullerada de glicerina. Enche a bandexa coa solución xabonosa ata unha profundidade de polo menos 2,5 cm.
Corta un anaco de corda que sexa aproximadamente catro veces a lonxitude da palliña. Pásao a través das dúas palliñas e ata os extremos, para facer un lazo. Move as palliñas e o cordel para darlle forma de rectángulo. Este é o marco para a lámina de xabón. Move o fío a través das palliñas de maneira que o nó quede oculto dentro dunha das palliñas.
Para crear un mango para o marco, corta outro anaco de corda que sexa aproximadamente tres veces a lonxitude da palliña. Pasa o fío a través dunha das palliñas e ata os extremos.
>> Experimentamos: suxeitando o marco polo mango, mergullámolo todo na solución de xabón. Levanta o marco polo mango. Debe haber unha película de xabón rectangular entre as dúas palliñas. Se non a hai, proba a mergullar e levantar o marco de novo.
Sopra suavemente sobre a película e observa que sucede. Molla o dedo na solución de xabón. Atravesa suavemente a película de xabón co dedo. E agora, que acontece? Podes mover o dedo pola película? Molla un dedo en auga normal, sen xabón, e introdúceo na película. Cambia algo? Intenta introducir suavemente un dedo seco a través da película de xabón. Que pasa agora?
>> Pensamos: este experimento utiliza unha película de xabón para facer un modelo de como se comportan as membranas. Algúns virus, incluíndo o novo coronavirus, están rodeados polo mesmo tipo de membranas que rodean as células humanas. Posto que o xabón ten propiedades similares aos compoñentes da membrana dun virus, pode romper a membrana viral cando entran en contacto, inactivando o virus.

29 de outubro de 2025
Un novo programa, dirixido a público familiar, que se incorpora á carteleira do planetario da Casa das Ciencias

24 de setembro de 2025
Unha exposición retrospectiva con imaxes de astronomía de Alfredo Madrigal, un dos grandes astrofotógrafos galegos da súa xeración

20 de setembro de 2025
Os Prismas de Bronce entregaranse nun acto que terá lugar o próximo 15 de novembro no Concello da Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible