Concello da Coruña

Concello da Coruña

A Estación Espacial Internacional á vista

Este laboratorio en órbita vese no ceo nocturno como un astro de brillo intenso, se fose unha estrela estaría entre as máis brillantes.

Hoxe luns 6 de abril (e tamén o mércores 8) poderemos ver pasar -atentas/os a partir das 21.45 horas na Coruña- no noso ceo a Estación Espacial Internacional (ISS, polas súas siglas en inglés). Este laboratorio orbita á Terra a pouco máis de 400 km de altura e a unha velocidade de case 8 quilómetros por segundo (que non por hora). Vai tan rápido, que nunha hora e media é capaz de completar unha volta ao redor da Terra.

A ISS vese no ceo nocturno como un astro de brillo intenso (se fose unha estrela estaría entre as máis brillantes), desprazándose lentamente polo ceo. Nalgunhas páxinas web, como Estación Espacial, podemos introducir o noso país e cidade e comprobar cando poderemos vela a primeira ollada. Os datos móstrannos a hora exacta e a dirección pola que aparece, onde alcanza a súa máxima altura e por onde desaparece.

A razón de que poidamos ver un obxecto de 70 metros de longo a esa distancia é que a súa estrutura reflicte a luz do Sol e permítelle destacar sobre o ceo negro da noite. Á ISS e aos cumes das montañas sucédelles algo parecido, que reciben os primeiros raios do sol da mañá e os últimos da tarde, cando os vales están en sombra. Neste sentido, é como se a ISS fose a cima dunha montaña imaxinaria de 400 km de altura, o que permite que a vexamos iluminada cando aquí abaixo xa é de noite ou aínda non amenceu.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión