Experimenta coa luz e as formas
Para realizar esta actividade necesitas papel, tesoiras, cinta adhesiva, un lapis e unha lanterna. Debuxa unha forma simple no papel (círculo, triángulo...) e recórtaa. A forma ten que ser, aproximadamente, do tamaño dunha nota adhesiva. Une a forma de papel á parte superior do lapis e suxéitaa con cinta adhesiva.
Agora, ilumina a forma de papel coa lanterna. Ves a súa sombra? Escurece a habitación tanto como poidas (non te preocupes se non podes bloquear toda a luz). Explora como facer a sombra máis grande ou máis pequena. Cando achegas a lanterna ao papel, a sombra crece ou diminúe? Cando afastas a lanterna do papel, como cambia a sombra?
Explora como facer a sombra máis grande e máis pequena que poidas co teu papel. Tamén podes probar coa luz do sol e a túa propia sombra.

29 de outubro de 2025
Un novo programa, dirixido a público familiar, que se incorpora á carteleira do planetario da Casa das Ciencias

24 de setembro de 2025
Unha exposición retrospectiva con imaxes de astronomía de Alfredo Madrigal, un dos grandes astrofotógrafos galegos da súa xeración

20 de setembro de 2025
Os Prismas de Bronce entregaranse nun acto que terá lugar o próximo 15 de novembro no Concello da Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible