Concello da Coruña

Concello da Coruña

«Virus e pandemias», lectura para un Día do Libro confinadas/os

Duascentas páxinas nas que Ignacio López-Goñi nos presentas os microorganismos, na súa maioría «xente boa».

Neste Día do Libro que nos toca pasar confinadas/os por causa do SARS-CoV-2, o virus causante da enfermidade coñecida como COVID-19, parécenos máis que axeitado recomendar a lectura do libro Virus e pandemias de Ignacio López-Goñi.

Ao longo das súas algo máis de 200 páxinas preséntanos os microorganismos, que como el di, na súa maioría son «xente» moi boa: «grazas a eles é posible a vida no planeta, son a base da biotecnoloxía, limpan os nosos refugallos e teñen funcións relevantes na industria alimentaria. Pero é verdade que os microbios tamén teñen o seu lado escuro e algúns son malos, pero que moi malos».

E é verdade que os virus son, polo xeral, a ovella negra da familia dos microbios -de feito a palabra virus vén do latín e significa veleno- aínda que tampouco son os únicos, xa que bacterias, fungos ou outros parasitos tamén teñen o seu.

Non sabemos de certo cantos hai na Terra. Aínda que algunhas estimacións din que en total pode haber dez billóns de trillóns de virus, un un seguido de 31 ceros... E iso sen ter en conta os virus que hai dentro das células eucariotas. Tampouco sabemos cantos tipos hai, aínda que unha estimación moi conservadora fala de polo menos 1.700 millóns de especies de virus distintas.

Calcúlase que no interior de cada un de nós hai uns 3 billóns (tres millóns de millóns) de partículas virais duns 1.500 tipos diferentes, a maioría delas de virus descoñecidos. De feito, ata están no noso ADN, formando parte do que durante moito tempo chamamos ADN lixo e que, con todo, agora todo apunta a que dista moito de ser tal cousa e que faremos ben estudándoo: citando a Ignacio, «somos o que somos porque somos virus».

Así que coñecelos é fundamental para entendelos e, no caso do SARS-CoV-2 e outros similares, poder vencelos. Ou polo menos protexernos contra eles.

Virus e pandemias está formado por case 60 pequenos capítulos que nos van levando da man polo sorprendente mundo dos virus. Desde a mal chamada gripe española de 1918 ao kuru, pasando polo VIH e a sida; o ébola; a gripe; morcegos -tan de actualidade agora- e mosquitos; vacinas para pelexar contra os virus; medicamentos baseados en virus modificados deseñadas para curarnos; e outra chea de detalles interesantísimos sobre estes inseparables -e imprescindibles- compañeiros de viaxe.

Nel aprenderás cal é o virus máis contaxioso, que non é nin de lonxe o ébola, por moi chungo que sexa este; aprenderás tamén que o virus máis mortal non é tampouco, nin de lonxe, o ébola; ou que o animal máis perigoso non é a quenlla. Mesmo che sorprenderá saber que pode ser que a gordura e a estupidez estean relacionadas dalgunha forma con infeccións virais.

Un libro moi interesante e, como diciamos antes, moi de actualidade. Aínda que é un libro de 2016, así que lle pedimos a Nacho que nos pase algunhas ligazóns con información sobre o SARS-CoV-2 que puxo o noso mundo patas para arriba:

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión