Concello da Coruña

Concello da Coruña

Doce ADN

Imos construír un modelo de ADN con regalicias e gominolas.

O 25 de abril é o día do ADN. Algunha vez te preguntaches como ese manual de instrucións xenético pode codificar e transmitir a información dunha forma de vida?

Pois imos construír un modelo con regalicias e gominolas de cores para facer un modelo dun fragmento de ADN. Así, terás unha idea de como é e como codifica a vida.

Que necesitas?

  • Gominolas de catro cores diferentes, como osiños de goma (10 de cada cor).
  • Regalicias (2)
  • Pauciños de dentes (5)
  • Papel
  • Bolígrafo

Que imos facer?

  • O ADN utiliza catro sustancias químicas (adenina, guanina, timina e citosina) para codificar os datos dun organismo. Estas sustancias químicas abrevíanse coas letras A, T, C e G.
  • Usaremos caramelos de diferentes cores para representar cada unha destas sustancias químicas: amarelo (A), vermello (T), verde (G) e transparente (G). Poderías usar outras cores, só te tes que asegurar de levar un rexistro da cor que estás a usar para representar cada sustancia química.
  • Este código é moi particular. Sempre se emparella de maneira específica: A emparéllase con T, e C emparéllase con G. No teu modelo, o vermello só se combina co amarelo, e o transparente só se combina co verde. Usa pauciños dos dentes para facer parellas de cores coas gominolas, colocando unha en cada extremo do escarvadentes. Tes que facer 6 pares, cada un de cor amarela-vermella e verde-transparente. Non se permiten outras combinacións de cores.
  • O ADN parece unha escaleira de corda retorta. No teu modelo, usas regalicias para os lados da «columna vertebral» da escaleira e despois engadirás os banzos do «par» de gominolas. Para montar o teu modelo de ADN, coloca dúas regalicias paralelas entre si cuns 8 cm de espazo entre elas.
  • Une as parellas de bases do código ás columnas do teu ADN, unindo cada par ás columnas de modo que se pareza aos banzos dunha escaleira. Coloca as parellas entre as columnas, como na imaxe. A orde e a orientación elíxea ti.
  • O teu modelo de ADN probablemente se pareza ao da imaxe, aínda que a túa secuencia podería estar nunha orde diferente. Vale así tamén! Coloca o teu modelo nunha folla de papel e usa un bolígrafo para escribir as letras xunto de cada gominola.
  • Só falta un detalle: o ADN está retorto. Suxeita un extremo do teu modelo en posición horizontal e coidadosamente xira o outro extremo 180 graos. Conseguiches facer un xiro? Pois así é como está o teu ADN dentro de cada unha das células do teu corpo!

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión