Concello da Coruña

Concello da Coruña

O ceo de maio

Os cometas serán os protagonistas do firmamento

Este mes de maio, por unhas ou outras razóns, os cometas serán os protagonistas do ceo nocturno. Por unha banda, o cometa Atlas irá crecendo en brillo a medida que avanza o mes, e aínda que a evolución dun cometa sempre é moi imprevisible, todo indica que chegará a verse a primeira ollada. Poderémolo atopar sobre as luces do atardecer antes do seu máximo achegamento á Terra, o día 23. Tede en conta que dicimos «achegar» en termos astronómicos, porque nese momento o cometa estará a máis de cen millóns de quilómetros de nós.

Tamén relacionada cun cometa, neste caso o Halley, temos a choiva de estrelas fugaces das Eta Acuáridas, que teñen o seu pico o 6 de maio. Con todo, este ano non vai ser especialmente bo para esta corrente de meteoros, porque a presenza dunha lúa case chea impedirá ver a maior parte deles.

A situación dos planetas é semellante á que vivimos no mes de abril. Ata mediados de maio, Venus seguirá dominando o crepúsculo ao comezo da noite, mentres Júpiter, Saturno e Marte irán saíndo polo leste nesa orde ata a chegada do novo día.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión