Aprende a observar a choiva de estrelas fugaces das Líridas
Todos os anos, entre a segunda e a terceira semana de abril, o noso planeta pasa por unha rexión da súa órbita ao redor do Sol na que se atopan os restos de po deixados tras de si polo cometa Thatcher. Estes pequenos anacos de materia, non máis grandes que un gran de area, entran na atmosfera terrestre a gran velocidade e desintégranse rapidamente nun breve escintileo de luz.
Desde o chan, estas «estrelas fugaces» parecen xurdir todas dun punto próximo á estrela Vega, a máis brillante da constelación da Lira (de aí o nome de Líridas ). Esta corrente de meteoros é unha das primeiras das que temos rexistro histórico, xa que dela deixaron constancia os astrónomos chineses hai 2.700 anos.
As Líridas adoitan ser bastante brillantes, pero relativamente escasas, xa que no pico da choiva (este anos na noite do 21 ao 22 de abril) podemos esperar algo máis dunha ducia de meteoros por hora.
Aprende a observar as Líridas na nosa segunda sesión de Planetario na casa. Nesta lista da canle de Youtube dos Museos Científicos Coruñeses iremos colgando todos os martes ás 12:00 un novo pase de planetario.

29 de outubro de 2025
Un novo programa, dirixido a público familiar, que se incorpora á carteleira do planetario da Casa das Ciencias

24 de setembro de 2025
Unha exposición retrospectiva con imaxes de astronomía de Alfredo Madrigal, un dos grandes astrofotógrafos galegos da súa xeración

20 de setembro de 2025
Os Prismas de Bronce entregaranse nun acto que terá lugar o próximo 15 de novembro no Concello da Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible