Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
A Asociación de Amigos da Casa das Ciencias naceu o 13 de xullo de 1993 co fin de apoiar decididamente as actividades desenvolvidas pola Casa das Ciencias, e colaborar con ela para potenciar todas as formas de divulgación, popularización e educación científica.
Na actualidade, a Asociación de Amigos está aberta a todas as persoas, institucións, empresas e organizacións interesadas na divulgación da ciencia e na promoción dos Museos Científicos Coruñeses (Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae) e o Muncyt (Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía).
Vantaxes de ser socio/a
Entrada gratuíta á Casa das Ciencias, a Domus, o Aquarium Finisterrae e o Muncyt.
Tamén son gratuítas as sesións de Planetario na Casa das Ciencias. As sesións de Cinema 3D na Domus teñen unha cota especial de 1€.
Sesións de planetario "á medida" para socios colectivos: persoal de empresas e profesorado e alumnado de centros de ensino.
Participación en todas as actividades organizadas pola asociación.
Categorías de socios
Numerarios. Persoas físicas maiores de idade. Cota anual de 40 euros. Entregaráselles un carné que será renovado anualmente.
Colectivos. Persoas xurídicas. Existen dous tipos de cotas: 75 euros se son centros de ensino e 150 euros, como mínimo, para outras institucións, organismos ou empresas. Entregaráselles un diploma acreditativo.
Estudantado. Persoas físicas. Estudantado, de 18 a 25 anos, sen emprego. Cota anual de 8 euros. Entregaráselles un carné que será renovado anualmente.
Familiares. Persoas físicas. A cota do titular é de 40 euros; a cota do cónxuxe ou parella é de 15 euros; a cota de cada fillo menor de 18 anos, 4 euros. Cada un dos membros terá o seu carné individual renovable anualmente.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible