Concello da Coruña

Concello da Coruña

TAXDIS

Subvencións para o mantemento de taxis adaptados a persoas con discapacidade

Canles:

Telemático, Presencial

Nivel de tramitacion electronica:

Descarga e envío do formulario

Tipo:

Axudas, becas e subvencións

Materia:

Transporte

Vixente:

Si

É obxecto desta convocatoria outorgar axudas económicas en réxime de concorrencia non competitiva, cuxa finalidade é o financiamento dos gastos de mantemento e conservación dos taxis adaptados en que incorresen entre o 1 de xaneiro e a data de publicación da convocatoria no BOP, aos titulares dun taxi adaptado para o transporte de persoas con mobilidade reducida por discapacidade que teñan licenza de taxista no municipio da Coruña..

2021 Subvencións para o mantemento de taxis adaptados a persoas con discapacidade

Inscricións:

Dende o 14/09/2021 ata o 13/10/2021

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

Persoas físicas e xurídicas que desexen solicitar a subvención e cumpran os requisitos das Bases.

Requisitos:

Poderán acceder á condición de beneficiario das subvencións as persoas físicas, as xurídicas, as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado, que aínda carecendo de personalidade xurídica, estean validamente constituídas e sexan titulares dunha licenza de autotaxi adaptado para o transporte de clientes con mobilidade reducida ou discapacidade concedidas polo concello da Coruña e desenvolvesen a súa actividade durante o ano.

Prezo / Custo:

Ningún

Órgano que resolve:

Titular da Concellaría Delegada de Igualdade, Benestar Social e Participación

Máis información:

  • O pago da subvención concedida realizarase previa xustificación pola persoa beneficiaria da realización da/s actividades ou proxecto/s para o que se concedeu a subvención nos termos establecidos na normativa reguladora da subvención.
  • Contía total: 18.000,00 €, con cargo á aplicación orzamentaria 51.231.479.01
  • O importe global de 18.000, 00 € dividirase en partes iguais entre todos os solicitantes que reúnan os requisitos establecidos na convocatoria ata esgotar o crédito total sen que poida superarse a cantidade consignada anualmente polo Concello para esta finalidade, incluídos, no seu caso, os suplementos procedentes de modificacións orzamentarias, sen que a contía concedida a cada unha delas individualmente supere o importe xustificado coas facturas.
  • No caso de que a cantidade asignada mediante esta repartición a un ou varios beneficiarios exceda o límite subvencionable en cada un dos beneficiarios, os importes restantes volveranse dividir a partes iguais entre os restantes beneficiarios ata esgotar o crédito orzamentario.

Presentación

Prazo de presentación:

De 14 de setembro a 13 de outubro de 2021.

Documentación necesaria:

Persoas físicas:

  • DNI ou NIE da persoa solicitante.

Persoas xurídicas:

  • NIF da entidade solicitante.
  • DNI ou NIE da persoa que actúa en nome da entidade.
  • Acreditación da capacidade da persoa que asina a solicitude para actuar en nome da entidade solicitante.
  • Estatutos e/ou escritura de constitución da entidade, así como acreditación da inscrición no rexistro correspondente.

Todos:

  • Solicitude. Anexo I debidamente cuberto.
  • Anexo II. - relativo á autorización de consulta ou obtención de datos por parte do Concello debidamente cuberto e asinado. No caso de opoñerse expresamente á consulta ou obtención polo Concello da Coruña, deberá presentar os certificados acreditativos de estar ao corrente nas súas obrigas tributarias coa Axencia Tributaria (AEAT), o Concello e fronte á Seguridade Social.
  • Certificación dos datos bancarios do solicitante, con correspondencia exacta cos datos achegados polo interesado no que respecta ao nome ou denominación social, CIF ou NIF e o número de conta bancaria (en formato IBAN).
  • Acreditación gastos subvencionables: Facturas ou documentos de valor probatorio equivalente, así como os documentos acreditativos do pago, dos gastos subvencionables correspondentes ao vehículo adaptado nos termos e cos requisitos establecidos nesta convocatoria.

Documentos relacionados

  • Anexo I- Solicitude Taxi Adaptado 2021 (273 KB)
  • Anexo II Autorizacion consulta datos taxi adaptado 2021 (143 KB)

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

  • Cubrir o impreso de solicitude e demais documentación que se indica na apartado Documentación necesaria.

Como se fai?:

Nas Oficinas de rexistro municipais estará dispoñible o formulario de solicitude, que tamén poderá descargalas desde esta páxina.

Tamén poderán remitirse mediante as demais formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Internet

Que se necesita?:

  • Deberá dispoñer de certificado dixital.
  • Unha vez cuberta a solicitude telemática debe ter preparados os ficheiros que necesite para xustificar a subvención que solicita, segundo especifícase na apartado "Documentación necesaria".
  • No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.

Como se fai?:

  • A través desta Sede electrónica municipal.

En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común, teñen a obriga de realizar este trámite a través da Sede electrónica:

a) As persoas xurídicas.

b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc).

c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas Administracións Públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.

d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.

Páxina web:

Tramitar

Teléfono

Despois

Prazo de resolución:

O prazo máximo de resolución e notificación da concesión das subvencións é de tres meses, contados a partir da data de publicación da convocatoria

Sentido do silencio administrativo:

Desestimatorio

E despóis?:

Recursos posibles:

  • Recurso potestativo de reposición.
  • Recurso contencioso-administrativo.
  • Calquera outro que se estime procedente.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión