Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

3 de outubro de 2022

A Casa das Ciencias acolle a Reunión Tecnoplanetario 2022

Preto de 40 profesionais de catorce planetarios compartirán experiencias os días 3 e 4 de outubro na Coruña.

Tecnoplanetario é unha reunión profesional que se realizou en anos anteriores noutros planetarios e que por primeira vez se realiza na Casa das Ciencias da Coruña. Preto de corenta profesionais que traballan nos planetarios da Aula do Cel OAUV de Valencia, Museo de Ciencia de Valladolid, Centro Principia de Málaga, Planetario de Serón en Almería, Parc Astronómic del Montsec en Lleida, Planetario de Madrid, Planetario de Pamplona, Parque de las Ciencias de Granada, Hemisféric de Valencia, Museo Elder de la Ciencia y la Tecnología das Palmas, Planetario do Museo de Castela-A Mancha, Casa de la Ciencia de Sevilla, Málaga Planetarium e Casa das Ciencias da Coruña compartirán estes días as novidades e experiencias sobre a produción de audiovisuais e as tecnoloxías para as proxeccións que levan a cabo neste tipo de instalacións.

O evento conta tamén coa participación de empresas distribuidoras que presentarán os seus produtos e novidades en postos informativos.

A Reunión Tecnoplanetario 2022 está organizada pola Casa das Ciencias-Concello da Coruña, coa colaboración da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias e a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión