19 de xuño de 2018
O filme, que aborda os efectos da contaminación lumínica, incorpórase á programación de verán
Ninguén pode negar que a iluminación nocturna é un invento marabilloso que nos permitiu prolongar a actividade fóra da casa despois de anoitecer e fixo máis seguro camiñar por rúas e camiños. Ao longo dos séculos iluminamos a noite con candís de aceite, farois de gas e, desde o século XIX, luces eléctricas cada vez máis potentes. Pero nesa liña de progreso social e tecnolóxico nalgún momento perdemos o sentido da iluminación nocturna.
De alumar a nosa actividade pasamos a pretender erradicar a noite, incrementando os niveis de luz nocturna ata límites moi superiores ao que precisamos, e que poñen en risco o equilibrio dos ecosistemas nocturnos, a sustentabilidade enerxética das nosas sociedades, a saúde humana e, por suposto, o acceso ás paisaxes nocturnas e o ceo estrelado. Padecemos así un problema de "contaminación luminosa" coa vantaxe, fronte a outras formas de contaminación, de que neste caso sabemos como resolver o problema, e ademais a solución non custa máis cartos, senón que os aforra.
«A noite é necesaria» é un audiovisual para planetarios que inclúe secuencias nocturnas en diversas cidades españolas, espectaculares animacións inmersivas que recrean lugares remotos do cosmos e, por suposto, a proxección do ceo estrelado.
A partir do 23 de xuño proxectarase ao público no Planetario da Casa das Ciencias ás 13.00 horas (versión en castelán) e ás 18.00 horas (versión en galego).
O programa está producido polos Museos Científicos Coruñeses-Concello da Coruña co apoio da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía e a participación dunha ducia de planetarios e museos de ciencia en España, Portugal e Alemaña.
Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña

29 de outubro de 2025
Un novo programa, dirixido a público familiar, que se incorpora á carteleira do planetario da Casa das Ciencias

24 de setembro de 2025
Unha exposición retrospectiva con imaxes de astronomía de Alfredo Madrigal, un dos grandes astrofotógrafos galegos da súa xeración

20 de setembro de 2025
Os Prismas de Bronce entregaranse nun acto que terá lugar o próximo 15 de novembro no Concello da Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible