9 de outubro de 2020
As persoas inscritas en cada club participarán nas actividades desde outubro ata xuño, un día á semana durante unha hora e media en horario de tarde.
O Science Action Club, que organiza a Domus, en colaboración coa California Academy of Science de Estados Unidos, é un club de ciencia cidadá para explorar a natureza e aprender ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas (STEM).
Trátase dun programa extraescolar que inclúe tres bloques nos que se organizarán as actividades e experiencias: Exploradores de aves, Safari de bichos e Buscadores de nubes.
Este Club de Ciencia está dirixido a alumnado de 5.º e 6.º de Primaria e de 1.º e 2.º de ESO. As sesións, que comezarán o 21 de outubro, realizaranse en dúas quendas:
Convócanse 9 prazas para cada unha das quendas. A preinscrición abrirase o luns 12 de outubro ás 10.00 horas a través deste formulario electrónico.
Unha vez que finalice o proceso de solicitude de praza e se superan as solicitudes á oferta en cada unha das quendas, realizarase un sorteo público (o 16 de outubro) para adxudicar 9 prazas en cada quenda.
O prezo da actividade é de 29,09 euros.
As actividades desenvolveranse baixo as medidas de prevención e seguridade ditadas polas autoridades sanitarias.
Science Action Club é unha iniciativa que busca mellorar a calidade e cantidade de oportunidades de aprendizaxe en ciencia e medio ambiente dirixida á mocidade fóra da aula. En América do Norte ten unha ampla traxectoria, cunha participación anual de máis de 400 escolas, museos, bibliotecas, campamentos de verán e outras organizacións. Agora, Science Action Club chega a Europa por primeira vez da man dos Museos Científicos Coruñeses.
Actividades relacionadas

29 de outubro de 2025
Un novo programa, dirixido a público familiar, que se incorpora á carteleira do planetario da Casa das Ciencias

24 de setembro de 2025
Unha exposición retrospectiva con imaxes de astronomía de Alfredo Madrigal, un dos grandes astrofotógrafos galegos da súa xeración

20 de setembro de 2025
Os Prismas de Bronce entregaranse nun acto que terá lugar o próximo 15 de novembro no Concello da Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible