11 de xullo de 2022
Preséntase nun espazo expositivo redeseñado, onde se mostran imaxes de dous nacementos.
O parto é un dos elementos icónicos da Domus e a súa renovación - mantendo a esencia da proposta orixinal - supón un fito importante. Por unha banda porque se renova a aposta por achegar a público de todas as idades os detalles dun proceso biolóxico polo que pasamos todos e todas, e que ten lugar case 400.000 veces cada día por todo o planeta.
Pero xunto a esa dimensión biolóxica, o parto ten tamén unha dimensión social (entramos a formar parte dunha familia e dunha sociedade) e unha dimensión emocional para as persoas que están vencelladas ao bebé, empezando pola nai, e que se estende ao resto da familia, amizades e o persoal sanitario. Neste sentido, o parto da Domus é tanto unha celebración gozosa da vida como un convite para reflexionar sobre o amor, os vencellos familiares ou os dereitos da infancia.
No novo módulo da Domus pódense ver as imaxes de dous nacementos. É un momento único no que se mesturan a dor, a alegría e a emoción. A experiencia varía dunha muller a outra, dependendo da sensibilidade, as expectativas e a contorna que a arrodea. Para o bebé, o propio nacemento é un acontecemento dunha intensidade extraordinaria. O choque de adrenalina contrarresta a falta de osíxeno na etapa final e prepara ao bebé para o cambio repentino á respiración cos seus pulmóns.
Un dos nacementos que podemos ver na Domus foi cedido polo Servicio Galego de Saúde, gravado pola fotógrafa Diana Fajardo, e tivo lugar no Hospital Materno-Infantil Teresa Herrera da Coruña. O segundo parto foi cedido pola produtora Vaca Films, e tivo lugar no Hospital Quirónsalud da Coruña. Este último forma parte das imaxes rodadas para a película «Quien a hierro mata», protagonizada por Luís Tosar.
23 de abril de 2024
Terá lugar o sábado 4 de maio, no Parque de Santa Margarida, de 11.00 a 19.00 horas.
22 de abril de 2024
O prazo de presentación de traballos finaliza o 3 de xuño nas oito modalidades do certame
21 de marzo de 2024
A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abren todos os días das 10.00 ás 19.00 horas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible