Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

29 de outubro de 2025

«A grande aventura do sistema solar», estrea no Planetario

Un novo programa, dirixido a público familiar, que se incorpora á carteleira do planetario da Casa das Ciencias

A Casa das Ciencias renova a súa carteleira coa produción «A grande aventura do sistema solar», un programa do planetario a toda cúpula para público familiar e cunha duración de vinte e cinco minutos.

Os personaxes desta película inmersiva, encabezados polo gran Schiaparelli, intérnanse nunha viaxe polo noso sistema solar, formado polo Sol, oito planetas e millóns de obxectos máis pequenos. Contemplarán paisaxes sorprendentes, sentirán ventos tempestuosos e, como non, sortearán algúns perigos. Dende a superficie abrasadora de Venus ata o xélido Urano, pasando por Marte ou os finos aneis de Saturno, esta aventura acabará revelando o precioso e especial que é o noso planeta Terra.

O primeiro pase terá lugar o venres 31 de outubro ás 18.00 horas. A partir do 1 de novembro incorpórase á carteleira das fins de semana nas sesións das 13.00 horas e das 17.00 horas.

«A grande aventura do sistema solar» é unha produción de NSC Creative, un estudo británico especializado en desenvolver experiencias inmersivas que recibiu premios por esta película en Alemaña, nos Estados Unidos, Australia, Eslovaquia, a República Checa, Corea do Sur e o Reino Unido.

Coa subvención da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, da Xunta de Galicia

Enderezo:

Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión