Concello da Coruña

Concello da Coruña

«A trastenda do Aquarium»

Visita guiada polas zonas técnicas do Aquarium Finisterrae: laboratorio, cociña, corentenas e salas de bombeo, de filtración e de cultivos auxiliares.

A quen vai dirixido?:

Persoas maiores de 16 anos

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

10/02/2024

Xa rematou

Inscricións:

As entradas poden adquirirse desde as 10.00 horas do 7 de febreiro nesta ligazón.

Horario:

Sábado 10 de febreiro de 2024, de 11.30 a 13.30 horas.

Enderezo:

Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña

Número de prazas:

12

Prezo:

10,30 euros por persoa.

Gratis para membros de Asociación de Amigos da Casa das Ciencias, titulares da Tarxeta Vente e persoas con discapacidade.

As entradas poden adquirirse desde as 10.00 horas do mércores 7 de febreiro nesta ligazón.

Requisitos:

O itinerario percorre corredores estreitos, espazos con alta humidade e, en ocasións, teitos de pouca altura, polo que é importante non ter limitada a capacidade de movemento.

Esta actividade ofrece a posibilidade de coñecer, da man do persoal técnico do Aquarium Finisterrae, as instalacións necesarias para o control e manexo dos millóns de litros de auga mariña que pasan cada día polos seus tanques. Tamén é unha oportunidade para descubrir os principais recursos que se empregan en manter as condicións biolóxicas e ambientais adecuadas para os seres vivos que alberga o centro. A visita está concibida ademais para ofrecer a posibilidade de responder en directo á curiosidade cidadá sobre o funcionamento do Aquarium Finisterrae.

A actividade está pensada para un máximo de 12 persoas, que deberán ser maiores de 16 anos e terá lugar o 10 de febreiro ás 11.30 horas.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión