5 de abril de 2022
O prazo de presentación de traballos finaliza o 1 de agosto en sete das 8 modalidades. Na de libros editados finaliza o 15 de xuño.
O Concello da Coruña, a través dos Museos Científicos, convoca un ano máis os premios Prismas Casa das Ciencias á Divulgación. O certame, que alcanza xa a súa trixésimo quinta convocatoria consecutiva, premiará cun Prisma de Bronce os mellores traballos en oito categorías: Vídeo, Novos medios, Texto inédito e audoeditado, Libro editado, Artigo xornalístico, Radio, Proxectos singulares e Prisma Especial do xurado. Ademais, todas as modalidades, excepto a de Libro editado e a de Prisma especial do xurado, están dotadas cun premio de 4.000 euros.
Ao longo das 34 convocatorias pasadas os premios Prismas puxeron no foco centos de traballos que dan testemuño da importancia crecente da divulgación e o xornalismo de ciencia na nosa sociedade. O prestixio conseguido por estes premios vén avalado pola calidade e transcendencia dos traballos premiados, así como pola participación no xurado de profesionais procedentes de diversos ámbitos da comunicación científica que achegan un criterio actualizado e diverso.
As persoas que desexen participar nesta convocatoria dos Prismas á Divulgación poden presentar os seus traballos e candidaturas antes do 15 de xuño para a modalidade de libros editados, e antes do 1 de agosto nas demais categorías.
Os Prismas entregaranse no transcurso dun acto que terá lugar na Coruña o sábado 19 de novembro de 2022.
Tamén che pode interesar
12 de xullo de 2025
A exposición estará na sala Isabel Castelo de xullo a decembro
20 de maio de 2025
Foron cedidos como parte dun programa de conservación e cría en catividade desta especie de tiburón no que colabora o Aquarium Finisterrae
1 de maio de 2025
Terá lugar no parque de Santa Margarida da Coruña das 11.00 ás 19.00 horas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible