SCGAPORT
Presencial, Telemático
Sector público, Trámites e xestións
Si
Acto de trámite que consiste na achega de documentación e/ou alegacións a un expediente xa aberto, ben por iniciativa da persoa interesada ou como resposta a un requirimento previo do Concello
Achega de documentación
Están lexitimadas para solicitar, ben por se mesmas ou por medio de representante, as persoas interesadas no expediente de que se trate, ou ben aquelas a as que a administración municipal ha solicitado a achega de documentos ao mesmo.
Encher a solicitude. Imprimila se a presentación vai ser presencial, acompañándoa da documentación que se queira achegar.
Ningún
Non procede resolución, senón incorporación ao expediente correspondente
A cidadanía pode dirixirse por escrito ao Concello cumprimentando o modelo de solicitude xeral.
Para a corrección de documentación, como regra xeral o prazo de presentación será de 10 días hábiles a contar desde o día seguinte á notificación do requirimento de corrección da solicitude, sen prexuízo dos prazos concretos asignados pola lexislación específica.
No resto dos casos os interesados poderán aducir alegacións e achegar documentos ou outros elementos de xuízo en calquera momento do procedemento anterior ao trámite de audiencia.
Dependerá do solicitado.
Documentos relacionados
Nas Oficinas de rexistro municipais, con cita previa así como nos rexistros doutras Administracións Públicas estará dispoñible o formulario de solicitude xeral, que tamén pode descargar desde esta páxina.
Tamén poderán remitirse mediante as demais formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Deberá dispoñer de certificado dixital .
Debe ter preparados os ficheiros que necesite para documentar a corrección ou achega de documenetación que solicita.
No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.
Será necesario coñecer e achegar o número do expediente ao que a información achegada hase de engadir.
A través desta Sede electrónica municipal.
En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común, teñen a obrigación de realizar este trámite, a través da Sede electrónica:
a) As persoas xurídicas.
b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios, etc).
c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colegiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas Administracións Públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.
d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.
Non procede
Ao ser un acto de trámite, a presentación cusará os efectos correspondentes no expediente relacionado
Outras versións
19 de maio de 2022
A mostra, instalada na planta baixa da Domus, está organizada pola Agrupación Astronómica Ío.
13 de maio de 2022
O mércores 18 de maio, Día dos Museos, a entrada á Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae será gratuíta; no caso do Aquarium, con reserva previa.
3 de maio de 2022
Os Museos Científicos Coruñeses celebran este día unha xornada de portas abertas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible