28 de abril de 2026
Trátase de Jinzi, unha foca macho procedente do Oceanogràfic de Valencia
A chegada do novo exemplar permitirá rexuvenecer o grupo de focas do Aquarium Finisterrae e abre a posibilidade de que poidan volver criar. Chega como resultado dun intercambio co Oceanogràfic de Valencia, onde agora viven dúas das focas macho do Aquarium Finisterrae: Fermín (de 17 anos) e Altair (de 23 anos). Jinzi é un macho novo - cumprirá 5 anos en xullo - e xa pesa 80 kg. Desde a súa chegada mostrouse curioso coa súa nova contorna e moi sociable cos seus compañeiros. Fermín e Altair tamén se integraron con normalidade no grupo do Oceanogràfic.
Neste momento o grupo de focas que alberga o acuario coruñés consta de 2 machos e 8 femias. Trátase de exemplares da especie Phoca vitulina ou foca común, que aínda que non crían aquí poden verse con certa frecuencia nas costas de Galicia. O último nacemento rexistrado no acuario coruñés (Sabela) tivo lugar en outubro de 2009 e a idade media do grupo é bastante elevada para esta especie. De feito, Hansi xa cumpriu 28 anos, cando a idade máxima dos machos destes animais está nos 25 anos.
O estudo xenético das focas da Coruña indica que, ata agora, todos os exemplares tiñan unha relación de parentesco próxima, o que desaconsellaba a reprodución debido ao elevado grao de endogamia. A chegada de Jinzi permite renovar a xenética do grupo, abrindo a posibilidade de que volvan criar nas instalacións do Aquarium Finisterrae.

28 de abril de 2026
Trátase de Jinzi, unha foca macho procedente do Oceanogràfic de Valencia

24 de abril de 2026
O prazo de presentación de traballos comeza o 1 de maio e finaliza o 1 de xuño nas oito modalidades do certame

4 de febreiro de 2026
Nova exposición fotográfica no Corredor López Seoane do Aquarium Finisterrae
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible