Concello da Coruña

Concello da Coruña

BTX

Bono taxi

Canles:

Telemático, Presencial

Nivel de tramitacion electronica:

Descarga e envío do formulario

Tipo:

Axudas, becas e subvencións

Materia:

Transporte, Sociedade e benestar

Vixente:

Si

Tramitación de axudas económicas de carácter individual para persoas con discapacidade que lles impida utilizar os transportes públicos colectivos, co fin de proporcionarlles un servizo alternativo de taxis para os seus desprazamentos

Bono Taxi convocatoria 2020

Inscricións:

Dende o 01/11/2020 ata o 31/12/2020

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

Persoas con discapacidade que lles impida utilizar os transportes públicos colectivos

Requisitos:

Son requisitos esixibles ás persoas beneficiarias, que deberán estar cumpridos con anterioridade á data de finalización de presentación de solicitudes e manterse ao longo de todo o prazo de execución da actividade subvencionada, ademais dos previstos con carácter xeral no artigo 13 da Lei Xeral de Subvencións, os seguintes:

a) Ser maior de 3 anos.

b) Residir no Concello da Coruña e constar como empadroado.

c) Ter recoñecida legalmente a condición de persoa con discapacidade mediante resolución (ou documento equivalente) do organismo competente da Xunta de Galicia ou Administración correspondente na que conste que a discapacidade afecta gravemente á mobilidade e impide utilizar os transportes públicos colectivos.

d) No caso de que a persoa solicitante esté en activo, non ter recoñecido este beneficio por convenio colectivo, contrato laboral ou calquera outro título acreditativo. Nin tampouco ter dereito a este servizo a través de ISFAS, MUFACE ou outra entidade.

e) Se a persoa é maior de 18 anos, non constar como titular de vehículo.

f) Non dispoñer dunha capacidade económica, calculada conforme ao establecido na cláusula 6.4, superior ao 210% do IPREM vixente no ano 2021.

g) Estar ao corrente das súas obrigas fiscais coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT), co Concello da Coruña así como coa Tesourería da Seguridade Social.

Prezo / Custo:

Ningún

Órgano que resolve:

Titular da Concellaría Delegada de Igualdade, Benestar Social e Participación

Máis información:

O importe global das subvencións obxecto desta convocatoria específica é de cento vinte e cinco mil euros (125.000,00 €), con cargo á aplicación orzamentaria 51.231.480.06.

O importe global dividirase a partes iguais entre todas as persoas solicitantes que reúnan os requisitos establecidos na convocatoria sen que a contía concedida a cada unha delas individualmente supere o importe de 2.000,00 €, incluídos, no seu caso, os suplementos procedentes de modificacións orzamentarias.

Presentación

Prazo de presentación:

Prazos de presentación da solicitude: de 1 de novembro a 31 de decembro.

A solicitude de subvención presentarase no prazo de 1 mes contado a partir do día seguinte ao da publicación do extracto desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación da devandita convocatoria. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemiento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo termina o último día do mes.

Documentación necesaria:

Solicitude:

Solicitude debidamente cuberta (Solicitude Xeral)

Identificación:

Documento nacional de identidade, pasaporte ou tarxeta de identificación de estranxeiro da persoa solicitante

Anexo I:

Autorización en favor do Concello da Coruña para realizar as seguintes comprobacións. En caso contrario, deberá presentar os correspondentes documentos acreditativos.

  • Certificado de discapacidade: Certificado de discapacidade recoñecida polo organismo competente da Xunta de Galicia ou Administración equivalente no que conste que esta afecta gravemente á mobilidade e impide a utilización do transporte público colectivo (solicitante). Só en caso de non autorizar a consulta no Anexo I
  • Certificado de empadroamento: Certificado de empadroamento (todos os membros da unidade de convivencia). Só en caso de non autorizar a consulta no Anexo I
  • Certificado de prestacións: Titularidade de prestacións económicas do INSS e/ou SEPE-INEM (todos os membros da unidade de convivencia). Só en caso de non autorizar a consulta no Anexo I
  • Información tributaria: Información tributaria dá AEAT, correspondente ao Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas dos exercicios 2019 e/ou 2020 (todos os membros da unidade de convivencia). Só en caso de non autorizar a consulta no Anexo I
  • Débeda Seguridade Social: Certificación de débedas pendentes de pago coa Seguridade Social (solicitante). Só en caso de non autorizar a consulta no Anexo I
  • Débeda AEAT: Certificación de débedas pendentes de pago coa Axencia Estatal de Administración Tributaria (solicitante). Só en caso de non autorizar a consulta no Anexo I
  • Débeda Concello: Certificación de débedas pendentes de pago co Concello da Coruña (solicitante). Só en caso de non autorizar a consulta no Anexo I

Certificado de Tráfico:

Certificación de que a persoa solicitante non consta na Dirección Xeral de Tráfico como titular de ningún vehículo

Anexo II:

Declaración responsable de non estar incurso en prohibición para ser persoa beneficiaria de subvencións así como, no caso de ser persoa traballadora, declaración responsable de non ter recoñecido o dereito obxecto desta subvención por convenio colectivo, contrato laboral ou calquera outro título, ou a través de ISFAS, MUFACE ou outras entidades

Anexo III:

Declaración responsable de subvencións solicitadas, concedidas ou percibidas e demais ingresos xerados para a mesma finalidade e actividade

Documentos relacionados

  • mod 001 solicitude xeral (119 KB)
  • Autorización de consulta de datos (48 KB)
  • Declaración responsable subvencións (34 KB)
  • Declaración responsable de axudas solicitadas (38 KB)

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

Achegar a documentación en calquera oficina de atención en materia de rexistro

Como se fai?:

Solicitando cita previa, á que deberá acudir achegando a documentación solicitada, que lle será devolta tras ser escaneada.

Internet

Que se necesita?:

e-DNI ou certificado electrónico

Como se fai?:

Deberá cubrir o formulario web de tramitación e incorporar toda a documentación solicitada, e incorporar a sinatura electrónica ao final do proceso

Páxina web:

https://sede.coruna.gob.es/opensiac/action/tramitacion?method=enter&id=1282

Teléfono

Despois

Sentido do silencio administrativo:

Sentido do silencio denegatorio.

E despóis?:

Entrega de "bono-taxi" en soporte papel polo importe total da axuda concedida anualmente, nos prazos que se determinen, que terán validez exclusivamente para o exercicio 2021.Os bono-taxi deberán conter:

a) Valor do bono

b) DNI e nome da persoa

c) Sinatura do beneficiario. Os bono-taxi debidamente cumprimentados terán que ser entregados ao taxista. Os bono-taxi expediranse por importe de 0,5 €, 1€ e 3€. O beneficiario achegará a moeda fraccionada correspondente por importe inferior a 0,5 €.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión