14 de novembro de 2018
Semana da Ciencia
O acto comeza coa presentación do libro «Científicas», gañador do Prisma 2017 ao mellor texto inédito, e continúa cunha mesa redonda con científicas e divulgadoras.
O venres 16 de novembro, ás 19.30 horas, terá lugar na Domus un dos eventos programados na Semana da Ciencia. Con motivo da presentación de «Científicas. La apasionante historia de las mujeres detrás de los grandes descubrimientos de la ciencia», libro gañador do Prisma 2017 ao mellor texto inédito e que acaba de ser editado por Guadalmazán, realizarase un coloquio científico co autor, Jorge Bolívar, e con catro especialistas en divulgación e educación científica:
- Clara Grima, matemática, divulgadora científica e Prisma especial do Xurado 2018
- Carmen del Puerto Varela, xefa da Unidade de Comunicación e Cultura Científica do Instituto de Astrofísica de Canarias e presidenta do xurado dos Prismas 2018
- Águeda Gras Velázquez, directora do departamento de educación das ciencias de European Schoolnet e membro do xurado dos Prismas 2018
- Joana Castro Barros, coordinadora da Associação Viver a Ciência e membro do xurado dos Prismas 2018
Na charla falarase sobre a importancia dos referentes femininos na divulgación, as razóns polas que poucas mozas se interesan en estudos como a informática e algunhas enxeñerías ou se existe divulgación científica para homes e para mulleres.
Actividades relacionadas
23 de abril de 2024
Terá lugar o sábado 4 de maio, no Parque de Santa Margarida, de 11.00 a 19.00 horas.
22 de abril de 2024
O prazo de presentación de traballos finaliza o 3 de xuño nas oito modalidades do certame
21 de marzo de 2024
A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abren todos os días das 10.00 ás 19.00 horas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible