Conferencia do científico Alejandro Cardesín
Para público en xeral
01/07/2026
Xa rematou
19.30 horas
Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña
Entrada libre ata completar a capacidade da sala
O planetario da Casa das Ciencias acolle unha charla, organizada pola Asocación de Amigos da Casa das Ciencias, a cargo do científico Alejandro Cardesín na que convidará a realizar unha viaxe polo sistema solar para coñecer como suceden as eclipses noutros planetas, tomar perspectiva do noso lugar no universo e descubrir que aprender observando eclipses desde Mercurio ou os planetas xigantes, coas súas lúas e aneis.
Alejandro Cardesín é enxeñeiro en telecomunicacións pola Universidade de Vigo e doutor en Ciencias e Tecnoloxía Espacial pola Universidade de Padua (Italia). Na actualidade é o responsable de operacións científicas das misións Mars Express e ExoMars e tamén preside a Comunidade Ibérica de Ciencias Planetarias na Sociedade EuroPlanet. Ademais conta con máis de vinte anos de experiencia en misións da Axencia Espacial Europea (ESA por as súas siglas en inglés), como Rosetta, Venus Express ou Juice.

3 de xullo de 2026
Unha mostra colectiva de historietas de cómic que abordan diferentes perspectivas das eclipses.

3 de xullo de 2026
Faleceu tras 20 anos de vida no acuario coruñés

26 de xuño de 2026
A Casa das Ciencias estrea «3CLIPSE», unha experiencia inmersiva para descubrir as eclipses solares de 2026, 2027 e 2028
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible