Unha charla de astronomía para lectores e lectoras da saga Harry Potter, a cargo de Paula Neira, profesora e membro da Agrupación Astronómica Ío.
Para público en xeral
11/11/2023
Xa rematou
PRAZAS ESGOTADAS
Ás 19.30 horas
Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña
Na sala do Planetario
Entrada libre e gratuíta ata completar capacidade, mais con reserva previa neste formulario.
Agrupación Astronómica Coruñesa Ío en colaboración cos Museos Científicos Coruñeses.
No marco da Semana da Ciencia, que abarca do 11 a 19 de novembro, a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío en colaboración cos Museos Científicos Coruñeses organizan a charla «Astronomía en Hogwarts», que terá lugar o sábado 11 de novembro no planetario da Casa das Ciencias ás 19.30 h, con entrada libre e gratuíta ata completar capacidade, mais con reserva previa neste formulario.
A maxia de Harry Potter transcende as páxinas dos libros e as pantallas de cinema para mergullarse nun universo repleto de referencias astronómicas.
Paula Neira explorará nesta charla como a historia de Harry Potter entrelázase de maneira fascinante coa astronomía, enriquecendo a experiencia dos seus seguidores.

12 de xaneiro de 2026
MiniDomus é un espazo pensado para aprender facendo, onde cada actividade convida a experimentar, compartir e descubrir o mundo con asombro.

29 de outubro de 2025
Un novo programa, dirixido a público familiar, que se incorpora á carteleira do planetario da Casa das Ciencias

7 de setembro de 2024
Trátase dun programa Erasmus+ que se adentra na relación do cambio climático coa xenética e a saúde
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible