Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ciclo Principal: Helen Keller, a muller marabilla?

De Chévere teatro

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 12/04/2024 ata o 13/04/2024

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Duración:

90 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

14,00 €; 10,00 €; 8,00 €; 6,50 €  (Carné Xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%; familias numerosas: -25%)

*Todas as persoas que accedan ao recinto deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan.

Chévere inicia un proxecto que vai modificar algunhas das chaves do seu traballo, tratando de cuestionar o seu propio modus operandi para seguir desbordando os límites e as estratexias máis repetitivas e canónicas das prácticas actuais de teatro documento. Un proxecto que se afasta das historias máis ou menos locais e da mirada xeracional, pero que mantén o interese por narrar desde as zonas de fricción entre a memoria colectiva e os relatos oficiais, mantendo a metodoloxía de traballo e as tácticas de creación.

Todo comeza ao descubrir os textos e o activismo político de Helen Keller, unha muller norteamericana, colocada fóra da normatividade dende os dezanove meses de vida, ao quedar xorda e cega por unha enfermidade, e que se converteu nunha celebridade mundial ao ser a primeira persoa xordocega en obter un título universitario en 1904. A súa vida foi fixada na memoria colectiva como un exemplo de superación e a maioría dos seus escritos acabaron rescatados como simples aforismos motivacionais. Por iso faise necesario rescatar a dimensión crítica da súa vida, porque ela é un exemplo de disidencia anticapitalista, que desborda a lóxica do milagre americano ao colocarse do lado dos máis vulnerables, contra a guerra e a explotación, militando en organizacións socialistas e revolucionarias nun país que fixo da loita contra o comunismo unha razón de ser.

Por tanto, este é un proxecto sobre a rebeldía e a disidencia. Sobre mulleres rebeldes e disidentes que romperon o silencio social. Pero este tamén é un traballo sobre a linguaxe, que quere cuestionar a in-comunicación entre persoas ouvintes e non ouvintes, entre persoas normais e persoas diferentes, integrando na mesma obra a lingua falada e a lingua de signos.

Con Patricia de Lorenzo, ÁngelavIbáñez, Chusa Pérez

Dramaturxia e dirección: Xron

Unha coproducción de Chévere, Centro Dramático Nacional e Teatre Lliure

Venda de entradas 

Despacho de billetes da praza de Ourense: de luns a venres das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h

Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función das 16.00 ás 20.00 h

Venda en liña

* Programación para persoas adultas. Idade recomendada a partir de 14 anos

* Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión