De Chévere
Para público en xeral
Dende o 20/03/2026 ata o 21/03/2026
20.30 h
*Unha vez que comece o espectáculo NON se poderá acceder á sala
Prégase puntualidade.
100 minutos
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
14'00, 10'00, 8'00, 6'50 € (desconto do 20% para +65 anos, Carné Xove, e persoas desempregadas; do 25% para familias numerosas)
*Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada independentemente da idade que teñan ou de ocuparen ou non butaca.
Un personaxe entra en escena e conta que sufriu un ictus que lle impide completar os seus recordos. Sabe que tivo o ictus ao saír da Cidade da Cultura, despois dun acto que o goberno organizou para recibir o cadro de Castelao titulado A derradeira leición do mestre. Pero non lembra por que estaba alí ou por que lle interesaba ese cadro.Non pode lembrar nada anterior a que lle dera o ictus. Por iso necesita reconstruír todo o que esqueceu. Necesita recordar os detalles e completar os recordos que lle comprenpara non quedar illada e para non esquecer quen é.Vai empezar por reconstruír o momento inmediatamente anterior ao ictus,cando se supón que estaba nese acto na Cidade da Cultura. Para iso elabora un test de memoria que envía a outras persoas que estiveron no acto.Quere saber por que estaba alí.Quere sabelo todo sobre aquel cadro.É o seu xeito de non esquecer o que importa.
Con Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, BorjaFernández, Gema Santos, Marcos Pereira
Dramaturxia/Dirección: Xron
Unha coprodución de Chévere co Centro Dramático Nacional, co apoio de Agadic-Xunta de Galicia,a colaboración do Concello de Ames e o Concello de Santiago de Compostela
Venda de entradas soltas desde o 9 de setembro
Despacho de billetes da praza de Ourense, de luns a venres das 11.00 ás 15.00 e das 16.30 ás 19.30 h
Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función dende as 16.00 h

29 de outubro de 2025
Un novo programa, dirixido a público familiar, que se incorpora á carteleira do planetario da Casa das Ciencias

24 de setembro de 2025
Unha exposición retrospectiva con imaxes de astronomía de Alfredo Madrigal, un dos grandes astrofotógrafos galegos da súa xeración

20 de setembro de 2025
Os Prismas de Bronce entregaranse nun acto que terá lugar o próximo 15 de novembro no Concello da Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible