De Estefanía de Paz Asín
Para público en xeral
Dende o 26/04/2024 ata o 27/04/2024
Xa rematou
17.00, 18.30 e 20.00 h
25 minutos
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
10,00 € (Carné Xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%; familias numerosas: -25%)
*Todas as persoas que accedan ao recinto deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan.
O 18 de xullo de 1936, coincidindo co levantamento golpista contra a República que deu paso á guerra civil, a troupe de 50 artistas do Circo Anastasini que chegara a Lodosa (Navarra) desapareceu sen deixar rastro. Din que algúns foron fusilados e que o resto foron obrigados a entreter á tropa. Mediante a linguaxe dos obxectos, a narradora Olvido Flores conta unha historia de beleza amarga, poesía, circo e guerra, dentro dunha caravana habilitada para acoller a 22 de espectadores e que quere ser unha homenaxe á memoria, e a aquelas persoas esquecidas ás que ninguén lles levou flores.
Con Estefanía de Paz Asín
Dirección, guión e dramaturxia: Estefanía de Paz Asín
Produción de Estefanía de Paz Asín e Iraia Sanz Urtasun
Nota: este espectáculo realizase no exterior do Teatro Rosalía Castro dentro dunha caravana adecuada a tal efecto. Ten un aforo reducido de 22 localidades e non é apto para cadeiras de rodas. Realizaranse 3 pases durante dous días.
Venda de entradas
Despacho de billetes da praza de Ourense: de luns a venres das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h
Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función das 16.00 ás 20.00 h
* Programación para persoas adultas. Idade recomendada a partir de 14 anos
* Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala.
23 de abril de 2024
Terá lugar o sábado 4 de maio, no Parque de Santa Margarida, de 11.00 a 19.00 horas.
22 de abril de 2024
O prazo de presentación de traballos finaliza o 3 de xuño nas oito modalidades do certame
21 de marzo de 2024
A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abren todos os días das 10.00 ás 19.00 horas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible